Electrónica

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Concerto de Juan Magan (+Paolo Dumore+Marcos Magan)

Juan Manuel Magán González é un produtor discográfico, remesturador, DJ, compositor, letrista e cantante español nacido en Badalona, Barcelona. Dedícase profesionalmente á música dende 1995 pero foi co nacemento do "Electrolatino" en 2008 que se recoñeceu o seu talento internacionalmente.
Juan Magán traballa dentro do xénero urbano producindo, compoñendo e cantando obras dende Dancehall, Reggaeton ou RnB ata House, sempre cunha clara identificación urbana e neste último caso, latina.

 

Galego

Concerto de Delorean

Delorean é unha banda española de Zarautz nada en marzo do ano 2000. En setembro de 2001 publicaron o seu primeiro longa duración titulado Silhouettes. A súa presentación levounos a xirar dúas veces por España dando máis de 40 concertos. Recén chegado o verán de 2003, a banda decidiu gravar o seu segundo longa duración. Delorean foi lanzado en 2004, aparecendo en todas as listas do mellor do ano e conseguindo licenzas en Alemaña, Italia, Noruega e México.

Galego

Concerto de Za!

Za! é un grupo formado por dúas persoas e máis de dous instrumentos. Soan a varias cousas, todas á vez: baixos grosos e distorsións pesadas, ritmos ancestrais, free-jazz, noise, psicodelia, cantos dos pastores de Tuva, Monty Python, post-rock de capas e capas, drones, electrónica analóxica e todo o que o traia quentiño.

Galego

Concerto de Amatria

Amatria é o proxecto persoal do produtor musical ciudadrealeño Joni Antequera. O proxecto nace en Valencia en 2007 e cabalga entre a electrónica e as melodías pop.

Moi ligado ao mesmo está Amatria Disolve; a versión DJ/producer do mesmo.

Galego

Kableado. Roberto Oliveira

Kableado é un programa de percusión, electrónica e arte visual, con altas doses de improvisación de Roberto Oliveira, que busca xerar un ambiente propicio para o entendemento destas novas tendencias na arte sonora e fomentar o interese por parte do público en xeral e de futuros compositores cara á música electroacústica.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Electrónica