Electrónica

Galego
Taxonomy Imagen png: 

2 Sounds 1 Arena: Maislume Meets Aiaraldeko Sound

Chega a Galicia por primeira vez un evento regular onde experimentar a potencia de 2 stacks nun mesmo espazo ao estilo dunha soundsystem meeting

Esta primeira edición contará cunha das crews máis activas do norte da Península, Aiaraldeko Sound System,  e o seu potente stack de 4 scoops. E como sound residente, MaisLume Kolektive Soundsystem, representando a escea local.

Galego

Concerto de Sigilu

Sigilu son un grupo nado en Lugo en 2015 que se dedican á mestura de canción de autor acústica con arranxos electrónicos e sempre cun afán de experimentar.
O grupo trip-folk está formado por Nacho Cuesta (guitarra acústica e voz), Pablo Saavedra (batería electrónica), Evaristo Frieiro (baixo fretless) e Hugo Rodríguez (violín eléctrico).

Galego

Concerto de Ivy Moon

Ivy Moon son un grupo de música electrónica formado en Santiago de Compostela por Alberto Rama (batería e percusións), Elba Souto (violín, guitarra e voz solista), Inés Mirás (baixo e coros) e Pablo González (teclado, guitarra e coros).

Formados no 2014 está a xirar para dar a coñecer o seu segundo  EP, Prelude, ademais de presentar todos os temas novos que van creando.

Galego

Concerto de No Dogs

No Dogs é unha banda madrileña que posúe unha infinidade de influencias que conviven en armonía nos seus temas. Na súa música hai astros de Radiohead, homenaxes a Massive Attack, climas apocalípticos preto de The Prodigy, pezas que podería asinar Perry Blake, melodías que se emparentan con Jeff Buckley e ecos do mesmísimo Jim Morrison. Boas cancións construidas sobre poderosas paisaxes sonoras.
No 2007 autoproduciron o seu primeiro EP e desde aquela xa crearon en 2010 un LP e agora están a presentar o seu segundo LP, Endless

Galego

Concerto de Putan Club

Putan Club son un dúo inclasificable amosan unha idea do tipo de artistas totais, non sacan discos, non contan co apoio dos medios de comunicación tradicionais, realizan unha xira continua e entréganse ao límite nuns recitais que non deixan indiferente. Para François y Gianna, ben armados con instrumentos inarámicos, non existe o concepto escenario e durante todo o concerto dedícanse a interactuar cos presentes. Intimidantes pero cercanos, esmagan o baixo, a guitarra e as programacións ata a extenuación, facendo de cada momento un instante único. 

Galego

Ivy Moon

Concerto da banda de música electrónica Ivy Moon para dar a coñecer o seu segundo  EP Prelude, ademais de presentar todos os temas novos que naceron a posteriori.

Espectáculo cheo de forza, enerxía, novidade e expresividade cunha pequena dose de psicodelia.  

Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nos espazos da Rede galega de música ao vivo onde se representa.

Galego

Concerto de Carrero Bianco

Joaquín (voz, guitarra e sintetizador); Sergio (sintetizadores); Carlota (voz, batería electrónica); Tony (sintetizador, sampler, coros).
Banda que ofrece unha particular visión do new age que a levou a defender un estilo explosivo. Nel conxuga nova ola alemá, post-punk, electro e techno pop, onde os sintes son o centro, para crear una atmosfera melancólica, luminosa e robótica con cancións entre o humano e o divino que co paso do tempo se van achegando máis á electrónica de baile, como se poderá escoitar no seu novo traballo que pronto verá a luz...

Galego

Concerto de Carlos Jean

Carlos Jean consolidouse como un dos artistas indispensables do panorama musical actual. A súa capacidade para entender e conxugar os diferentes mundos que conforman a música fixeron del un dos creadores máis polifacéticos e prolíficos do sector. Carlos Jean é, sen dúbida, unha das pezas crave para entender o pasado, o presente e o futuro da música.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Electrónica