Electrónica

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Marika Rossa

Unha invitada de auténtico luxo á main room do Pelícano, Marika Rossa. 

A ucraína é unha das caras máis coñecidas do Techno procedente de Europa do leste e ademais é dona do seu propio selo, Fresh Cut. Grazas ás súas sesións enérxicas e contundentes xa conseguiu viaxar por todo o mundo.

Estará ben acompañada por Angioma (con base en Barcelona) e polos DJ residentes Bárbara Lago e Isma B.

Galego

Lesuit e banda

Formato con banda, concerto eléctrico e cargado de enerxía, un show no que se presentan as novas cancións de Pablo Lesuit cheas de movemento e baile.

Poderíase definir como un encontro entre a canción, a música de raíz e independente e a música electrónica.

Galego

Cortapega

Cortapega, o festival de música electrónica de Desconcierto Cultural contará cunha nova edición este outono, a quinta. O festival é unha mostra de distintas manifestacións da música electrónica e aposta por artistas emerxentes.

Contará cun cartel ecléctico, encabezado polo norteamericano Container e ao que se suman Músculo!, Huma, Interruptor, Boneco, Allova e o DJ Sutan.

Galego

Mikrokosmos

Concerto-performance de 30 minutos de duración para Multipercusión, Electrónica e Arte Visual Sincronizado no cal o artista vai situado dentro do establecemento, mentres que os espectadores gozan do espectáculo a pé de rúa.

 

Galego

Lesuit e banda

Formato con banda, concerto eléctrico e cargado de enerxía, un show no que se presentan as novas cancións de Pablo Lesuit cheas de movemento e baile. Poderíase definir como un encontro entre a canción, a música de raíz e independente e a música electrónica.

Galego

Alex Silva e Feather Star

Coñecerás ao galego Alex Silva polo seu sobrenome Astroboyz, co que se ten labrado unha fresquísima consideración na electrónica patria e de máis alá (reside en Baltimore na actualidade). Un tempo despois, vén presentar o proxecto que pon baixo o seu nome, concebido e deseñado nos EUA, gravado e rematado no país (concretamente finiquitado en La Cortina Roja da Coruña), traballo no que profundiza no seu estudo do cruce entre o analóxico e o dixital, a armonía e o arpexio, ademais acompañado nestes concertos por Marcos Pazo (Ekkaia) á batería.

Galego

Cortapega

Cortapega, o microfestival de música electrónica organizado por Desconcierto Cultural, chega á súa cuarta edición. Nesta ocasión actuarán Museless, Playback Maracas, Mira, un lobo! e Nistra. Será na Fundación SGAE. O evento pechará cunha afterparty no Delorean Social pub a cargo de Onnlbn.

O festival quere poñer en valor a música electrónica para destacar os novos valores que saen de Galicia e, ao mesmo tempo, achegar á nosa comunidade aos artistas emerxentes de ámbito nacional e internacional.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Electrónica