The Turre’s Band
No ano 2001 foron expulsados da Banda Xuvenil de Torroso por non saber comer os pinchos con educación. Dende entón seguimos sen ter educación pero, de vez en cando, soa algunha melodía que vos fai mover os pes ao son dos ventos e da percusión.
A día de hoxe o grupo está composto por 14 delincuentes da contorna de Mos que ademáis de tocar en salas e festivais tamén enchemos os pés de terra facendo pasarrúas turresbanianos.
Por moito que che contemos, o mellor que podes facer é vivir o que é The Turre’s Band.

