Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Nadal Vocal

A Asociación Peregrinos Musicales, organiza no Teatro Principal o concerto "Nadal Vocal", no que Ilona Timchenko ao piano e Tatiana Melnychenko coa voz, deleitarán ao público asistente con clásicos do Nadal.Coa colaboración do Concello de Santiago e a Deputación da Coruña.

Galego

Sexy Zebras

Sexy Zebras é unha banda de rock en castelán orixinaria do barrio de Hortaleza, Madrid (España). Con formación ao power trio, os seus compoñentes son: Gabriel Montes (Voz principal e baixista), Jose Luna (Guitarrista e voz) e Samuel Torío (Baterista e coros). 

Galego

Yoly Saa + Luis Fercán

Yoly Saa

Esta nova cantautora galega afincada en Madrid chegou fai tres anos á capital coa intención de facerse un oco no panorama nacional musical. 

A publicación do seu primeiro traballo de estudo "Magma" levouna a situarse como un dos talentos emerxentes máis prometedores do noso país e a ter o apoio dalgúns dos artistas nacionais máis importantes. Ademais disto é compositora de grandes artistas como Malú ou Luz casal entre outros. 

Luís Fercán

Galego

Blake

Alejandro Cabrera (Santa Marta de Tormes, Salamanca, 27 de setembro de 1991), máis coñecido como Blake ou BLK, é un rapero e compositor español.

A súa carreira musical comezou en 2008 coa publicación do seu álbum debut Cosas da vida. Sacouno neste ano, xa que coa crise mundial que ocorreu prevía que a súa música tamén ía ser igual de mala que a situación económica nese momento. En 2009, Blake, xunto ao rapero Escualo, creou o grupo Gran Calibre.

En 2012, Blake lanzou o seu segundo álbum, Por fin solos.

Galego

Pardo + RockersGo To Hell

En 1998 Alvaro e Kiko, nese momento cantante e guitarrista das Mandrakeras, deciden montar un repertorio de cancións dos seus ídolos dos anos 50: Elvis, Gene Vincent, Johnny Burnette, Eddie Cochran, Warren Smith, Link Wray, Jerry Lee Lewis , Conway Twitty e todas as estrelas do ceo Rock'n'Roll e Rockabilly. Acompañado por Andy (Big Bottom Band) ao contrabaixo e Saleta (Elephant Band, Meu) á batería estréanse ese verán.

Galego

Turma Caipiria

Turma Caipira é un grupo de música brasileira con esencia jazz que abarca diferentes estilos como bossanova,samba,baiao? todo marcado por un carácter intimista. A banda está formada por Marga Ramos á voz, acompañada de tres experimentados músicos como son Samuel Pérez á batería, Quique Alvarado ao baixo e Fran Castro ao piano.

Galego

Morgen + Crystal Somina + HateOut

En setembro de 2016, Diego (guitarrista), Jorge (baixista) e outro guitarrista deciden formar un novo grupo, debido a que anteriormente tiveran unha banda xuntos, pero nese momento apetecíalles tirar por algo máis durillo, algo do estilo de Metallica, Slayer, Testament, os seus grupos favoritos por aquel entón. Decidiron empezar a ensaiar no rocho de Jorge e aí estiveron durante meses practicando covers, audicionando novos integrantes para a banda e compoñendo algúns temas. Por aquel momento a banda facíase chamar Magister.

Galego

Tecendo os soños

O mércores 29 de decembro, ás 18.00 horas, terá lugar na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo un concerto infantil Tecendo os soños a cargo de Esperanza Mara (soprano) e Alfredo Susavila (pianista).

Reserva de localidades no enderezo web concelloderianxo.gal/reservas

A reserva será efectiva cando se confirme dende o auditorio.

De quedar localidades dispoñibles, poderán solicitarse dende media hora antes do comezo do concerto na billeteira do auditorio

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto