Hard GZ
Pedro Ruibal é un rapero galego nado en Vigo en 1995. Criouse na Coruña, onde entrou en contacto co hip hop e converteuse en Hard GZ. Con 14 anos montou o seu primeiro estudo caseiro e comezou a rapear na banda Urban Style Crew, onde se rodeaba tanto de DJ's e MC's como de grafiteros. Posteriormente fundou o selo A Utopía do Norte, ao que estivo vinculado durante case dez anos.

