Los Coleguitass
Trátase dun grupo hispano denominado Los Coleguitas e que pode atoparse en Instagram como @loscoleguitas. Interpretan música en directo coa mestría de quen a leva nas súas veas, e igual dá que sexa ritmo de cumbia, salsa, merengue, bachata ou mesmo algunhas rancheiras. Puidemos constatar que saben animar o ambiente, algo moi necesario nestes tempos tan difíciles que, ademais, preceden unha gran crise social e económica.

