Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Día Internacional da Poesía. Máis Alálá

Máis Alálá é un proxecto poético sonoro performático inspirado no libro De catro en catro de Antonio Manoel creado polo músico Alejandro Vargas (Cuba/Galicia) e o escritor e performer Xelís de Toro (Galicia/Reino Unido). O título é unha recreación do título do manifesto literario Máis Alá que Manoel Antonio realizou xunto con Álvaro Cebreiro no ano 1922.

Galego

Miro Casabella. ¿Hay alguien?

A traxectoria artística de Miro Casabella como compositor e cantante está estreitamente vinculada ao movemento da Nova Canción Galega e á historia contemporánea de Galicia. Desde a súa intensa etapa con Voces Ceibes, a finais da década dos 60, ata a súa participación no grupo DOA e máis tarde o seu regreso en solitario despois duns anos de silencio, Miro Casabella puxo música e voz á poesía galega medieval e aos poetas galegos contemporáneos. Comprometido co país, coa cultura e co idioma galego, algunhas das súas cancións son himnos, símbolos dun tempo.

Galego

IALMA

IALMA son pandereteiras, fillas e netas de galegos/as na diáspora. "Descubrir novas culturas musicais permítenos enriquecer aínda máis a nosa". Esta é a mellor forma de definir a evolución do proxecto artístico de IALMA e a súa importante contribución para perpetuar, renovar e desenvolver este xénero musical en particular. Co seu traballo Camiño, Verónica, Natalia, Marisol e Eva continúan en permanente conexión con Galicia, dende Bruxelas. 

Galego

Una mesa para dos + Brúa

Una Mesa para Dos comeza a súa andaina case por casualidade en 2010, nun encontro no que coincidiron Rubén, Marcos e Vero. Unha reunión familiar, sobremesa e unha guitarra foron suficientes para que a alma mesera compuxésese. 

Só faltaba David que á chamada de socorro de Marcos dixo que se sen pensalo. 

Galego

Mr. River

MR. RIVER nace da fusión de diferentes estilos musicais. Unha diversidade de composicións orixinais, baseadas nas vivencias e sentimentos do compositor, que dan lugar a un estilo propio denominado River Style (Son americano made in Galicia).

A banda fórmase en Pontevedra a finais do ano 2017 con Miguel Do Río (compositor dos temas e guitarra), Santi Mar San (baixo) e Manuel Bastón Lamas (batería). En abril de 2018 incorpórase á banda a novo batería Marcos Corbacho.

Galego

Arrhythmia

Grupo nado en Lugo alá polo 2006. Despois de varios cambios relativos ao estilo e aos compoñentes, Arrhythmia perfílase como un grupo do que moitos chaman "Rock Estatal", sendo completado polas influencias de todos e cada un dos seus membros

Galego

The Wyld Gooms

Directamente desde a cripta co espírito do 66, The Wyld Gooms son a máis nova revelación da escena Garagera. Con membros actuais de bandas tan fundamentais como The Neumans, The Slop, The Night Times, The Violent Mindfield… estes fanáticos do fuzz da soleada California traballaron duro en cancións novas, ruidosas e rebeldes, ritmos crus e directos, eles agradarán a calquera rock and roller primitivo. Recentemente terminaron a produción do seu primeiro 7” que se lanzará a principios de 2022. Unha banda de nova creación que dará que falar.

Galego

Diego Alonso Trío

O trío de jazz formado polos músicos vigueses Diego Alonso (saxofón), Alexandre Touceda (contrabaixo) e o francés, residente en Bueu, Wilfried Wilde (guitarra) asume a apertura deste habitual programa. Anteriormente facíanse coñecer como OIE Trío e xa compartiron a súa música en diferentes recunchos da provincia.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto