Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Camilo

Camilo converteuse en toda unha revelación. O seu particular carisma e enerxía únense a unhas cancións luminosas nas que o solista colombiano combina todo tipo de xéneros musicais e melodías ultrapegadizas que fan que as súas cancións sexan coreadas por millóns de persoas en todo o mundo.

O gañador de 4 Latin Grammys e actualmente nomeado a un Grammy, visitará A Coruña o próximo 21 de xullo coa súa nova xira para facernos vibrar co seu espectacular directo.

Galego

Festival Vive Nigrán 2022- Iván Ferreiro

Superado con éxito o reto da anterior edición de Vive Nigrán 2021, a organización, fiel ao seu espírito, regresa este 2022 coa 6ª edición do festival, que novamente se situará a escasos metros de Praia América, o seu incomparable escenario de cada verán no campo de fútbol de Monte Lourido.

O festival contará unha vez máis co patrocinio de Vibra Mahou, a plataforma musical de Mahou Cinco Estrella que busca reivindicar os encontros como algo esencial para vivir mellor, ademais do apoio do Concello de Nigrán.

Galego

Os Vacalouras

Son unha banda de Lugo que levan desde o 2011 dando guerra e que resucitan o espírito da movida viguesa dos oitenta. Punk Rock básico é o seu e "Marcha para Citroen" é un dos seus single. 

O tema ten ese toque vintage que lembra á movida viguesa de bandas como os Sinistro Total e derivados, ás primeiras bandas de pop ou surf españolas dos anos cincuenta, eses músicos que estaban influenciados polos artistas franceses e pola música importada de Rock e Surf que escoitaban os americanos nas bases mlilitares que había no noso país. 

Galego

Desertores

Desertores foi unha banda viguesa nada no 87 na que nos atopamos con Humberto Díaz Heredia (guitarra, trompeta, voces), Juan Díaz (baixo, voces), Valerio Araújo (voz) e Miguel González (batería).

Pronto gravan unha primeira maqueta cos temas: No te volveré a buscar, El pulpo e No soy un degenerado. No ano 89 fichan por Zafiro pero o seu primeiro longo non aparece ata o ano 91 debido a problemas co nome do grupo. Mesmo se sopesa a opción de rebautizar a banda como Os 4 Desertores, comenta Emilio Alonso en "Vigo a 80 Revolucións por Minuto" (Xerais, 2012).

Galego

KYOTTO

KYOTTO é un artista de Vigo, Galicia coñecido na escena urbana en España e Latinoamérica.

Non se encasilla en ningún xénero concreto xa que a súa versatilidade permítelle fluír entre distintos estilos como o Indie, Reggaeton, O-Fi, R&B, etc, aínda que a maioría dos traballos que viron a luz ata a data entran no xénero do Trap ou Sad Trap.

Galego

Los Motores

MOTORES formouse en 1990 despois da escisión de dúas formacións de Pontevedra e Vigo, ULTIMO AVISO e Os CAFRES, estes últimos con experiencia discogràfica.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto