Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Hombres G

A David Summers, Rafa Gutiérrez, Daniel Mezquita e Javi Molina o éxito pillounos desprevidos, véndose obrigados a lidar con masas enardecidas durante boa parte dos 80 e evolucionando logo, si, como aqueles de Liverpool, do pop adolescente dos seus comezos cara a terreos máis persoais.

Galego

LaMontagne & PicoAmperio

Laura LaMontagne comeza o seu proxecto con PicoAmperio (DJ e produtor) en xullo de 2019 entre Santiago de Compostela e Lugo. Viñan de experiencias moi dispares. Pedro (Teo, 1995) participou do colectivo 'Hip Hop Ateneu' e dos grupos Pura Mestura e Furnier. Mentres que Laura (Lugo, 1993) experimentou nos recitáis de poesía de Compostela, en concertos en solitario e noutros proxectos previos dos que formou parte.

Galego

Borja Quiza e Daniel Muñoz

Borja Quiza

Barítono nado en Ortigueira (A Coruña) en 1982. Estudou canto nos seus inicios con Teresa Novoa, Mª Dolores Travesedo e Renata Scotto para logo perfeccionar e manter a súa técnica co tenor arxentino Daniel Muñoz. Recibiu o premio Opera Actual ao mellor cantante lírico novo en 2009 e o premio ao mellor cantante de Zarzuela dos prestixiosos premios líricos Teatro Campoamor de Oviedo no ano 2010. En 2009 estréase tamén a película "Io, Don Giovanni" de Carlos Saura na que interpreta o papel de Don Giovanni.

Galego

Aba TAANO

Cinco voces cálidas, catro mozos e unha moza cheos de humor, alegría e dinamismo. Cantos a cappella, escenificados, movidos, amenos. Cantan góspel africano, moito góspel zulú, pero fan tamén incursións en canto étnicos e pop. Os seus compoñentes residen normalmente en Uganda e viaxan regularmente a Europa para poder cantar en numerosos escenarios.

Galego

Mercedes Peón- Xira Ingrávida

Despois de 20 anos da estrea do seu primeiro disco, Isué, Mercedes Peón ofrece esta xira percorrendo temas dos seus cinco discos editados en solitario, chea das influencias das recollidas de campo que fixo durante 25 anos polas aldeas, dos traballos cinematográficos ou para danza. Este concerto está acompañado polos grupos de pandereteiras Raigañas, Xirifeiras, por voces de ConcertoTempo, polo dúo Caamaño& Ameixeiras, Mónica de Nut e Ana Fernández.

Galego

Fixe trio

Fixe Trío son cancións do mundo, unha viaxe atlántica a través dun universo de composicións orixinais e temas populares arranxados e interpretados por este trío musical que consegue ter un son propio.

Este proxecto nace da vontade de xerar un espazo onde poder expresar inquedanzas e desexos a través da música. Veñen de ámbitos culturais diversos e comparten a idea da música como canle de expresión e comunicación libre e transgresora.

Galego

Nando Agüeros

O cantautor cántabro volve aos escenarios con este novo disco, Somos Tierra, que viu a luz o pasado mes de decembro. Un álbum composto por doce temas inéditos, producido por Iván Castañeda, que foi gravado entre o estudo persoal do artista e os estudos SonoArc de Camargo en Cantabria.Segundo explica o propio Nando Agüeros o título deste novo disco nace do sentimento de que “a terra marca e os que nacemos nunha contorna determinada somos os que creamos certo vínculo con ese lugar.

Galego

Patax

Cunha mestura de Flamenco, Salsa, Funk e Jazz nun espectáculo de infarto, Patáx está a poñer o panorama da música en directo en España (e non só en España...) patas para arriba...  

Galego

Uxía e Javier Ruibal: De tu casa a la mía

De tu casa a la mía é un retrato musical de dous poetas universais, Rosalía e Lorca, da man e do sentimento de dúas almas que tratan de poñer ás á poesía de ambos autores.

Uxía e Ruibal teñen xa unha ampla experiencia musicando poetas. Este traballo é un paso máis nunha historia de amizade e complicidade que quere seguir o camiño iniciado por Lorca de Granada a Santiago, selando a irmandade norte-sur e a proximidade de espírito e de ideais; poñer no centro o que nos une e non o que nos separa, «tender pontes da túa casa á miña» sobre os versos e a alma de dúas figuras universais.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto