Grilo + Cru
GRILO é un grupo rock en galego creado no 2018 na cidade de Compostela composto por Adrián (guitarra e voz, Miguel (batería) e Alberte(baixo e coros).
En novembro de 2018 publicaron Criminal, o seu primeiro sinxelo. Un trallazo de rock duro que xa deixaba ver as influencias nas que se move o grupo. Rebelión, segundo asalto sonoro dos composteláns, foi publicado en febreiro de 2019 e permitiu á banda situar no xerme da nova escena musical galega.

