Trío Zukan · Ura
O Trío Zukan —txistu, acordeón microtonal e percusión— trae ao ciclo Contemporáneas unha das súas propostas máis persoais.
URa (auga, en éuscaro) recolle pezas de Abel Paúl, Bertrand Chavarría-Aldrete, Juan José Eslava e Zuriñe F. Gerenabarrena, que reflexionan sobre o uso, o abuso e a beleza da auga como recurso e como símbolo.

