The Courettes
The Courettes é a nova banda da brasileira Flavia Couri; rock and roll e garaxe a ritmo de soul. Un dúo afincado en Dinamarca composto por Couri e o seu marido; responsable da batería.
Presentan os temas do seu último álbum, "Back in Mono", o terceiro da súa carreira, e que saíu editado en 2021. O seu anterior traballo longo titúlase "We Are The Courettes" e foi editado en 2018.

