Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Sofía Ellar

Sofía Ellar presenta en Santiago de Compostela os temas do seu novo álbum «Libre» na xira española que leva o mesmo nome.Desta maneira, a cantautora nada en Londres repasará os seus grandes éxitos interpretando un repertorio que abarca desde clásicos como «Amor de anticuario» ata o recente «E 23» ou «Canción de radio», ambos os temas incluídos no seu novo disco «Libre» que poderás escoitar o 28 de outubro na Sala Capitol de Santiago de Compostela.

Galego

Matinais Musicais | Lucía Martínez Cuarteto

A compositora e multi-instrumentista viguesa Lucía Martínez chega ao Gaiás para presentarnos o seu último disco acompañada por tres músicos e amigos —João Pedro Brandão, Pedro Neves e Carl Minnemann— cos que integra o Lucía Martínez Cuarteto, un proxecto froito da amizade nacido na escola de Jazz no Porto hai máis de 12 anos.O repertorio que interpretarán nas Matinais Musicais de outono, reunido baixo o título «Calma e algo máis», é unha homenaxe ao momento presente, unha invitación para pechar os ollos e a respirar, buscando ese acougo que enche a vida de luz.Oito pezas orixinais que beben

Galego

Cinco Sentidos

Proxecto musical liderado e creado pola cantante, pianista e percusionista Diana Tarin.

Cinco Sentidos é o nome do espectáculo que Diana presenta, onde a maxia das raices africanas, o folk galego o funky e o Latin Jazz dan vida a cada un dos temas que conforman especial concerto.

Galego

Fuzzo

Fuzzo comeza a súa andaina no verán de 2015. A formación reúne a tres estrelas da escena do jazz galego: Virxilio da Silva na guitarra, Xan Campos nos teclados e Chus Pazos na batería. Defínense a si mesmos como unha banda de improvisación libre acumulativa, e fan dos seus concertos unha verdadeira experiencia de salvaxe éxtase creativa.

 

Galego

PEÑA

Logo de publicar un fermoso EP chamado ‘Fórmula’ o pasado ano, Peña volven agora con este, o seu primeiro traballo de estudo titulado ‘Carreiro’. Un debut sorprendente que supón toda unha revelación, xa non en termos de transcender o folkie, senón no que se refire a música contemporánea en galego.

Galego

Zalomon Grass + Depinfango

Formada no inverno de 2019 na Rioxa, caracterizada por un son directo, agresivo e contundente con influencias do hard rock pesado dos 70.

En 2020 empezou a formar parte do selo independente Discos Invertebrados e, ao longo dese ano, sufriu varios cambios na formación inicial debido a diversos ingresos hospitalarios e absolutamente todos os contratempos que podía sufrir unha banda. Finalmente a formación definitiva asentouse e mudou a Logroño.

Galego

Pandemoniun

Esta veterana formación naceu a moi finais dos 80?s, en Lodz, a segunda cidade máis grande de Polonia. Motivada polas poucas bandas estranxeiras que se podían escoitar nesa gran urbe, como CELTIC FROST ou SAMAEL, nace a idea de facer un grupo, onde crear riffs escuros, potentes e furiosos como os que practicaban os seus grupos preferidos.

Galego

Tato López

Madrileño de nacemento e galego de adopción, asomouse ao mundo da música no colexio. Nos campamentos xa lle rabuñaba os primeiros acordes á guitarra e con 13 anos gozaba escoitando rock & roll dos 50, os Beatles, Joan Baez, Beethoven, Mozart... Era o que se escoitaba na casa.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto