Trückhead Night Show
O 19 de novembre terá lugar na Sala Master Club Vigo a Trückhead Night Show, unha noite para gozar de boa música con diferentes concertos de rock.
Contarán coa presenza de Jairo Cash con temas da mítica voz americana Jonnhy Cash; West Ride, banda galega de rock alernativo; e Motorhits, a banda tributo fiel á estética e son do grupo Motorhead.
Trückhead Rock´N´Road é unha marca de roupa que xurde no ano 2013 na cidade de Vigo, como un proxecto persoal ligado ao mundo da carreteira e do rock and roll.

