Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Moito!

Moito! é unha banda galega de indie rock formada en 2017. Os seus compoñentes son Diego Guillín (batería), Juan Cego (baixo), Diego González (guitarra solista) e Felipe Castro (voz e guitarra rítmica). A banda estará a presentar o seu disco debut Estados Naturales.

Galego

Festa do Marisco: Maika Makovski + Kula Shaker + Nanein Dj

Maika Makovski

Cantante, compositora, música, actriz e artista visual. Gañou o seu primeiro recoñecemento profesional aos 15 anos e os seus primeiros premios no ano 2002 mesmo antes de lanzar o seu primeiro álbum. Os seus dous primeiros álbums "Kradiaw" (2005, PAE) e "Kraj para Koferot" (2007, Wildpunk Records) foron aclamados pola crítica e presentados en directo por toda Europa; O Mundo chego a proclamala como "a mellor artista feminina xurdida da escena do rock underground en anos.

Kula Shaker

Galego

Gabriel Peso trío en concerto

Os catro anos de idade o pontevedrés Gabriel Peso subíase ao Teatro Principal de Pontevedra xa en calidade de pianista. O seu sino estaba marcado. Posteriormente cursaría os estudios de Piano Clásico.

En 2011 licenciase na especialidade de Jazz no Conservatorio Superior de Música de A Coruña con matrícula de honor.

Dende entón demostrou non so ser un excelente pianista de Jazz, senon tamén un codiciado músico todoterreno: televisión, teatro, rock, pop...

Galego

Udra trío en concerto

Udra é un triángulo formado por Álvaro Trillo, Maritxinha e Diego Salgado, un trío que condensa o coidado da razón, a honestidade do corazón e a enerxía da víscera.

Udra é a terra mollada, a busca do orgánico, da orixe oculta baixo a lama.

A exploración do sintético e da herdanza estática, é a precisión mecánica, o tropezo accidental coas ideas que viven e vivirán. 

É sensibilidade e forza, a brutal honestidade e a empatía permeable, a perfección asimétrica, a pureza dun gólem de emocións.

Galego

Noar

Noar é o novo proxecto musical de Iago Marta (guitarra eléctrica) e Rubén Fernández (voz/electrónica), músicos galegos de considerable traxectoria e intereses eclécticos, formados na vangarda musical catalana. Un proxecto que ofrece un universo sonoro tecido dende diferentes galaxias estilísticas que permite recorrer roteiros que conducen a composicións expansivas donde a dirección do discurso musical toma camiños inesperados.

Galego

Ataque Escampe

A banda compostelá Ataque Escampe, en colaboración co videógrafo David Silva, presenta este espectáculo audiovisual con música en directo no que, a través de máis dunha ducia de episodios, alternará cancións do seu próximo disco previsto para 2023 con algunhas das pezas máis inexploradas do seu repertorio. Coa música, a proposta visual está atravesada por imaxes que vertebran pasado e futuro, o mundo dos vivos e o mundo dos mortos.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto