Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

De não saber o que me espera - Homenaxe a Zeca Afonso

Tres referentes da vangarda musical galega xúntanse neste proxecto para dar voz ao repertorio do Zeca Afonso. A especial mirada artística da cantante Faia Díaz sobre unha selecta escolla de temas do artista portugués cobra una dimensión contemporánea e transgresora xunto a experimentación electrónica e percusiva dos prestixiosos músicos Nacho Muñoz e Lar Legido .

Un diálogo musical transfronteirizo que vai mais alá do espazo-tempo, de grande beleza e sensibilidade e absoluta liberdade creadora.

Faia Díaz Novo, voz

Nacho Múñoz, electrónica e piano

Galego

Lidia India

Lidia India é unha cantora e compositora da comarca de ferrolterra. Tra-la súa estancia en Sudamérica, principalmente no Brasil, a súa música vese influenciada polo ritmos afrobrasileiros misturados coa súa raíz galega. Dende o seu retorno no 2014, colabora en diferentes proxectos da escena musical de Ferrolterra percorrendo Galicia e Portugal e dende o 2017 e cofundadora, cantante, guitarrista e percusionista da banda “Maina Materia” 

Galego

Xira Orixes

Los Jinetes del Trópico, loitamos sen farois! Despois de varios anos de constante evolución os xinetes estabilizanse cunha formación lista para combatir nos mellores escenarios.

Cumbia, ritmos tropicales, reggaeton a galega e moito mais! Todas as cancións reflicten o compromiso, creatividade, amor, festa e soños de estos novos xinetes. Lonxe de acomodarse despois de sacar o disco e varios singles, a máquina non para e os xinetes teñen moitos temas na recamara que irán saíndo mes a mes durante o verán.

Galego

Cantorales de Polifonía da Catedral

Dentro da V edición da SEMANA DO PATRIMONIO INVISIBLE, celébrase este concerto de música antiga co título "Cantorales de Polifonía da Catedral de Santiago s. XVI. A música na época do Arcebispo Francisco Blanco (1512-1581)"CAPELA ANTIGA COROFrancisco Luengo, viola da gambaXurxo Lois Varela, viola da gambaSara Ruiz, viola da gambaJulio Días, clavecín e órganoAna Pazos, cornettoMiro Moreira, director

Galego

Banda Municipal de Música. Fantasía

Novo concerto do ciclo Camiños Sonoros da Banda Municipal de Música.
BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA DE SANTIAGOFabio Turra, director convidado*1º premio no I Concurso de Dirección da BMSCPROGRAMAThomas DOSS [Linz-AUSTRIA, 1966]:              FRIENDSHIP FANTASY [2019]                             Ruperto CHAPÍ [Villena-Alacant, 1851-1909]:             FANTASÍA MORISCA: “La corte de Granada” [1873]                    - A Granada- Meditación- Serenata- Final

Galego

Real Filharmonía de Galicia. Sensoxenoma22

Sensoxenoma22 é un proxecto desenvolvido polo IDIS (Instituto de Investigación Sanitaria) e a Real Filharmonía de Galicia, no que se abordará cientificamente a resposta do noso xenoma (ADN) perante do estímulo musical.Isto farase cunha recollida de mostras biolóxicas a doantes voluntarios que permitirá estudar como se expresan os xenes antes e despois de escoitar o programa sorpresa que ofrecerá a orquestra.Recolleránse mostras de 400 asistentes ao concerto que deberán ter asinado previamente un consentimento informado.

Galego

Novas Músicas en Galego no festival Go!Go!Zo!

O escenario de Go!Go!Zo! Xacobeo 21-22 acollerá, entre o sábado 24 e o domingo 25 de setembro (a partir das 17:30h), a actuación de 18 bandas emerxentes procedentes das escolas Rock School de A Coruña e A Casa do Rock de Santiago de Compostela. Cada día participarán un total de 9 bandas, integradas todas elas por mozos e mozas de entre 18 e 25 anos, que subirán ao escenario do Monte do Gozo para achegar ao público as súas propostas en quendas de 25 minutos.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto