Anxo M. Lorenzo destaca o legado de Maruja Mallo como “expoñente da vangarda de Galicia”

Madrid, 7 de outubro de 2025

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe na inauguración da exposición Maruja Mallo. Máscara y compás no Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía de Madrid, onde destacou a importancia do legado de Maruja Mallo como expoñente da vangarda en Galicia.

Galego

A Filmoteca de Galicia recupera 400 horas de vídeos de acontecementos históricos dos anos 80

A Coruña, 7 de outubro de 2025

A Filmoteca de Galicia está a documentar centos de horas de vídeos de acontecementos históricos dos anos oitenta, procedentes do fondo depositado na cinemateca da Xunta polo produtor coruñés Xosé Xoán Cabanas Cao. O volume deste arquivo é moi amplo, cunha cifra próxima ás 400 horas de material entre as algo máis de 180 horas de vídeo dos seus 300 traballos finalizados e un cómputo superior ás 200 horas en brutos adscritos a estas producións.

Galego

A Xunta colabora no ‘SiSONS Enclave Musical’ como espazo de encontro e difusión para a industria do sector e de toda a cidadanía

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2025

 A Xunta de Galicia reforza o seu compromiso coa creación musical e coa difusión da lingua galega mediante o impulso ao SiSONS Enclave Musical, un encontro que ofrece do 10 ao 18 de outubro en Santiago de Compostela catro xornadas de showcases, mesas profesionais e 12 concertos, moitos deles abertos ao público.

Galego

A Xunta anuncia que as obras do primeiro Centro de Artes Dixitais de Galicia están xa rematadas a un 85% e garante a súa finalización a finais deste ano

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, participou esta mañá nunha visita para comprobar o avance das obras do que será o primeiro Centro de Artes Dixitais de Galicia, infraestrutura que se está a construír na Cidade da Cultura. No percorrido, informou de que o nivel de execución dos traballos acada xa o 85% e reafirmou o compromiso da Xunta de que estará rematado a finais de ano.

Galego

Anxo M. Lorenzo visita a última quenda da III Residencia Literaria San Simón organizada pola Xunta

Redondela (Pontevedra), 6 de outubro de 2025

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, recibiu hoxe as nove persoas que participan na terceira e derradeira das quendas correspondentes á III Residencia Literaria Illa de San Simón, organizada pola Xunta de Galicia, onde se referiu a esta experiencia como “unha grande oportunidade para impulsar o talento creador aproveitando un espazo de gran valor histórico e natural”.

Galego

A Xunta de Galicia incrementa o seu convenio anual coa feira Culturgal ata os 90.000 euros

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2025.- O Consello da Xunta autorizou hoxe a sinatura do convenio anual coa Asociación Culturgal por importe de 90.000 euros para a organización da 18ª edición da feira homónima, que terá lugar do 28 ao 30 de novembro no Pazo da Cultura de Pontevedra. Esta achega supón un incremento do 5,8% respecto aos 85.000 euros consignados en 2024, mantendo así a progresiva tendencia á alza desta colaboración económica en consonancia co propio crecemento do evento.

Galego

A Xunta salienta na clausura do Ourense Film Festival o papel do evento na proxección internacional de Galicia e na xeración de oportunidades para Ourense

Ourense, 4 de outubro de 2025

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles,  o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, xunto co delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, e a xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, asistiron esta tarde á clausura do Festival Internacional de Cine de Ourense (OUFF), que conta co apoio da Xunta de Galicia, e á estrea da película La deuda, de Daniel Guzmán.

Galego

López Campos asiste na Estrada á quinta edición do festival de danza contemporánea 6coreógrafas

A Estrada (Pontevedra), 4 de setembro de 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, asistiu hoxe a unha das sesións do festival 6coreógrafas, que se desenvolve desde onte na Estrada. O Concello estradense e a bailarina e coreógrafa Paula Quintas organizan este encontro arredor da danza contemporánea e as artes do movemento, que na súa quinta edición volve contar co apoio económico da Xunta de Galicia.

Galego

A Xunta inviste máis de 15.000 euros nos traballos de roza, limpeza e rexistro do Castro de Altamira, nas Neves

As Neves (Pontevedra), 3 de outubro de 2025

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou esta mañá o resultado dos traballos de limpeza e desbroce do castro de Altamira, no concello das Neves.

Acompañado polo alcalde, José Manuel Alfonso, Reguera coñeceu unha parte deste importante xacemento arqueolóxico que agora se atopa máis accesible e coidado grazas aos labores de limpeza da contorna que foron posibles tras un investimento da Xunta de máis de 15.000 euros.

Galego

O director de Industrias Culturais visita a montaxe do festival Murallón de Son, que se celebra en Silleda co apoio da Xunta

Silleda (Pontevedra), 3 de outubro de 2025

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia, Jacobo Sutil, visitou esta mañá na carballeira de Silva, en Silleda, a montaxe do escenario e resto de preparativos do Murallón de Son, un dos cinco festivais de música que recibiron axuda este ano por parte da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude para a contratación de bandas e solistas galegos nos seus carteis.

Galego

Páxinas

Subscribirse a Cultura de Galicia RSS