A Xunta trae a Vigo unha nova edición do Festival de Maxia Galicia ilusiona’ con artistas internacionais

Vigo, 10 de outubro de 2025

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, presentou este venres xunto aos magos galegos Pedro Bugarín e Dani Polo o Festival Galicia Ilusiona 2025, que recala esta fin de semana, días 11 e 12 de outubro, na cidade de Vigo con cinco funcións no Teatro Afundación. A iniciativa percorre por cuarta vez toda Galicia con actuacións nas sete grandes cidades galegas tras abrir a súa xira o pasado 2 de outubro en Cangas.

Galego

A Xunta celebra o Día das escritoras cun encontro coa poeta Olga Novo na Biblioteca de Galicia

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2025

 O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, asistiu hoxe a un encontro coa poeta Olga Novo na Biblioteca de Galicia con motivo do Día das Escritoras. A cita enmárcase nas actividades que a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude ten preparadas para esta efeméride, que se celebra o 15 de outubro.

Galego

López Campos erixe o libro ‘Colección de arte do Parlamento’ como “esencial para facer chegar a nosa riqueza artística a todo o pobo galego”

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, e o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, asistiron hoxe á presentación do libro Colección de arte do Parlamento, onde os representantes do Goberno galego gabaron esta obra como “ferramenta esencial para facer chegar a riqueza artística que posúe o Parlamento de Galicia a todo o pobo galego”.

Galego

López Campos anuncia que a Xunta rematará as obras de restauración da Casa de Don Álvaro a finais de ano

Lalín (Pontevedra), 9 de outubro de 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, anunciou hoxe que a Xunta rematará antes de final do ano a restauración da Casa de Don Álvaro, en Lalín. Fíxoo xunto co alcalde de Lalín, José Crespo, nunha visita a estas actuacións, que contan cun orzamento de máis dun millón de euros.

Galego

O ciclo de concertos ‘Xoán Montes ao piano’, organizado pola Xunta, percorrerá seis cidades e vilas galegas a partir deste sábado

Lugo, 8 de outubro de 2025

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude organiza o ciclo de concertos Xoán Montes ao piano - O son do pasado que conmove o presente, con  seis actuacións noutras tantas cidades e localidades galegas – entre elas Monforte de Lemos e Lugo - durante os meses de outubro e  novembro.

Galego

Xunta e Deputación de Pontevedra porán en marcha visitas ao Teatro Cine Fraga a partir do 15 de outubro

Vigo, 8 de outubro de 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, e a vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, anunciaron hoxe a posta en marcha de visitas ao interior do Teatro Cine Fraga de Vigo a partir do 15 de outubro como “xusta correspondencia á xenerosa implicación e entusiasmo da cidadanía na recuperación deste espazo emblemático para convertelo nun centro cultural pioneiro e referente na Comunidade galega e no noroeste peninsular".

Galego

Ourense convértese en escenario destacado das artes escénicas galegas cunha nova edición do Festival internacional de teatro apoiada pola Xunta

Ourense, 8 de outubro de 2025

O Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO) celebrará do 16 ao 26 de outubro a súa 18ª edición cunha programación ampliada e diversa, que volverá converter a cidade nun punto de encontro para o público e as compañías escénicas galegas e internacionais. A cita conta co apoio do Goberno galego a través da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, no marco da súa liña de subvencións a festivais de artes escénicas, que neste 2025 destina 280.000 euros ao fortalecemento e consolidación destas citas profesionais en toda Galicia.

Galego

As esculturas do Capitán Nemo reparadas pola Xunta volven á enseada de San Simón

Redondela (Pontevedra), 8 de outubro de 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, achegouse hoxe ao conxunto escultórico do Capitán Nemo, próximo á Illa de San Simón, para comprobar o resultado da restauración ao que foi sometido cun investimento de 14.500€ por parte do Goberno galego. Unha mostra, apuntou, “da nosa implicación coas demandas das administracións locais para a conservación dos puntos de interese cultural nos seus concellos”.

Galego

Páxinas

Subscribirse a Cultura de Galicia RSS