Evento: El soldadito de plomo

El soldadito de plomo
sábado, 10 xuño, 2023 - 18:00
Fórum Metropolitano,
A Coruña

El soldadito de plomo

Espectáculo teatral infantil de KATARSIS

El Soldadito de Plomo non é un conto convencional. É unha parábola da vida levada ao mundo candoroso e infantil dos xoguetes. Por iso o seu protagonista, un soldadito cunha soa perna, non só está dotado do carácter e o temperamento que ten que ter un soldado; posúe ademais un corazón tenro e excesivamente romántico, que lle confire en cada pulsación, o valor suficiente para enfrontar as adversidades do destino. Como bo soldado e insigne cabaleiro, nunca se lamentará das súas desventuras e enfrontará os perigos co ímpeto e a fortaleza dun nobre guerreiro.
A súa azarosa travesía colócao de cara ao perigo ao longo da historia, e condúceo tamén, a múltiples naufraxios. Só o amor platónico cara a unha fráxil e delicada bailarina, avivará o seu desexo de retornar ileso xunto á súa amada.
Esta versión para teatro de monicreques respecta ata a última coma o texto orixinal que imaxinou o seu autor, co fin de introducir ao espectador a ese marabilloso e singular universo que creou H.C. Andersen.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

O porco de pé
29 de setembro, 20:00
Auditorio Municipal - Vilagarcía de Arousa - Pontevedra
O deus do pop
29 de setembro, 20:00
Auditorio Municipal - Vilagarcía de Arousa - Pontevedra
Berro
30 de setembro, 20:00
Pazo da cultura - Narón - A Coruña