Evento: Códice K

Códice K
venres, 24 marzo, 2023 - 20:30
Teatro Principal de Santiago de Compostela,
Santiago de Compostela
Espectáculo teatral de Ainé Producións

Un día de verán, entre o 30 de xuño e o 5 de xullo de 2011, o Códice Calixtino, un libro datado no século XII e de gran valía artística, histórica e económica, é roubado do seu lugar de exhibición no museo da Catedral de Santiago. A partir deste momento, e ata aproximadamente un ano despois que foi recuperado, a peripecia puido ser seguida polas puntuais informacións que ían aparecendo nos diferentes medios de comunicación. Finalmente puidemos saber que Manuel Castiñeiras, electricista e xefe de mantemento da catedral, fora o autor do roubo. E punto. Ata aquí a historia oficial.

O que nós imos contar é a intrahistoria extra oficial: por que Manolo decidiu cometer semellante delito, como foi a investigación, quen estaba ao tanto do roubo, como se puido ocultar durante un ano semellante botín... Amosaremos, en definitiva, todo o material resultante das exhaustivas pescudas levadas a cabo en estreita colaboración entre dous departamentos clave: o departamento de dramaturxia de investigación e o departamento do disparate.

E a través de catro actrices contaremos como foi todo. E por que mulleres? Porque nesta historia non hai máis ca homes. Do mesmo xeito que calquera feito da historia da humanidade, fose protagonizada ou non por mulleres, foi contada por homes, nós contaremos a historia do códice (unha historia de homes) a través das múltiples mulleres que a circunvalaron.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Enleada de enredos
18 de xullo
Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro
Brinca Vai! De aquí a acolá
20 de xullo
Biblioteca Pública Municipal de Miño
Animaladas
21 de xullo
Biblioteca Pública Municipal de Miño
Danza 3 | Xacarandaina
26 de xullo
Praza do Cruceiro - Olveiroa