Evento: 3240

3240
venres, 9 xuño, 2023 - 20:30
Teatro Jofre,
Ferrol
Espectáculo teatral de DeuVe

3240 podería ser o título dunha película de Wong Kar-Wai, a matrícula dun coche ou o contrasinal dunha caixa forte, por exemplo, pero en realidade é o prezo do amor. O amor por un mito.

Que pasaría se a persoa á que sempre admiraches se puxera en contacto contigo? Que farías por coñecela? Canto custa un litro de endorfimas?

No ano 2020 os delitos informáticos aumentaron o 70%, o equivalente aos cometidos nos 5 anos anteriores e esta é unha historia baseada en feitos reais sobre as relacións nas redes, a mitomanía, as obsesións e as estafas. Un relato gótico e romántico para falar da tecnoloxía e a soidade, do catfishing, o doxing e tódos INGs Direct aos que a protagonista lle debe cartos por culpa do amor. Axudaralle esta peza a recuperarse? Axúdala ti? 

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Made in Galiza
13 de xuño, 20:30
Teatro Coliseo Noela - Noia - A Coruña
Reconversión
Reconversión
13 de xuño, 20:30
Teatro Jofre - Ferrol - A Coruña
Levaino!
20 de xuño, 22:00
Pazo da Cultura - Narón - A Coruña
Monstros no camiño
27 de xuño, 19:00
Salón Teatro - Lalín - Pontevedra