Evento: Bernarda
Bernarda
Bernarda é unha historia próxima, comprensible e universal. Todos coñecemos no noso entorno a alguén como Bernarda, e todos temos un pouco de Bernarda no noso interior, porque ese choque xeracional entre pais e fillos é unha constante universal, e dependendo de que lado esteamos vemos a realidade de forma totalmente diferente. Cando somos fillos queremos rachar coas normas que nos impoñen, e cando somos pais vémonos na obriga de ser nós os que as impoñamos, polo seu ben, e ese choque entre xeracións que conviven na mesma casa é inevitable.
Este choque xeracional, que como na vida mesma tamén ocorre en “BERNARDA”, por veces fainos chorar, porque ás veces as situacións vólvense tensas e duras, e por veces fainos rir, porque igual que na vida, ata nas situacións máis extremas xorde a risa como unha necesidade de desafogo e de liberación. Isto é o que en “BERNARDA” demos en chamarlle, humor de tanatorio ou risa de funeral, que tamén é unha constante durante todo o espectáculo.....
Ficha artística
Autoría e dirección: Jose Prieto
Escenografía: Kukas
Deseño sonoro: Jose Prieto
Deseño iluminación: Xoque Carbajal
Vestiario: Malasombra
Música: Malasombra
Elenco artístico
Luisa Merelas
Celia González
Esther Aja
- Eve: Data e hora:Eve: Lugar:Teatro da Beneficencia
Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios