Evento: XVI Premio de Novela Europea Casino de Santiago

XVI Premio de Novela Europea Casino de Santiago
mércores, 26 outubro, 2022 a martes, 17 xaneiro, 2023
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés,
A Coruña

XVI Premio de Novela Europea Casino de Santiago

Mostra novelas finalistas

Outro anos máis participamos de novo no Premio Novela Europea “Casino de Santiago”, que ten por obxectivo promover a lectura e o espírito europeísta, convertendo aos residentes de cidades europeas significativas, en xurado dun premio literario. Unha comisión de expertos seleccionou as seguintes cinco novelas de escritores europeos publicadas neste ano:

  • El amor en caso de emergencia de Daniela Krien (Ed.Grijalbo)
  • La vida verdadera de Adeline Dieudonné (Ed. Salamandra)
  • Llévame a casa de Jesús Carrasco (Ed. Seix Barral)
  • O cervo e a sombra de Diego Ameixeiras (Ed. Xerais)
  • Volver la vista atrás de Juan Gabriel Vásquez (Ed. Alfaguara)

Esta novelas serán promocionadas como finalistas en librarías de Santiago, Logroño, Salamanca e Barcelona, nas bibliotecas da Xunta de Galicia nas cidades da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo, así como nos centros socio-culturais e comercios de Santiago.

O xurado estará formado por dúas seccións:

  • Sección A: todos os residentes das cidades participantes.
  • Sección B: dez representantes de distintos estamentos sociais.

Cada sección terá un peso do 50% no cómputo total da votación.

Todas as persoas interesadas en participar como xurado neste premio literario poderán facelo votando entre o 9 e o 17 de xaneiro de 2023. Cada persoa pode emitir un só voto e por unha única obra.

A mostra bibliográfica con varios exemplares de cada unha das novelas finalistas está dispoñible na sala de préstamo, no primeiro andar da biblioteca durante o horario de apertura.

Máis eventos de tipo Exposición

Boutique Amparo
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural 8
Granell cumpre 30 anos
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural, Pazo de Bendaña
Made in China
Made in China
15 de xullo a 30 de xuño
Museo Etnolóxico de Ribadavia
A Ferrolana fondeada na baía de Cádiz. 1849 Ramón L. Barreiro. Debuxo a lapis e tinta
A volta ao mundo da corveta A Ferrolana
17 de outubro a 31 de maio
Casa da Navegación de Baiona