Evento: Restitución das estatuas do Mestre Mateo

Restitución das estatuas do Mestre Mateo
domingo, 28 decembro, 2025 a sábado, 25 xullo, 2026
San Domingos de Bonaval s/n,
Santiago de Compostela

Restitución das estatuas do Mestre Mateo

O Museo do Pobo Galego acolle a exposición temporal das esculturas do Mestre Mateo —Abraham/Xeremías e Isaac/Ezequiel— recuperadas polo Concello de Santiago logo de seren espoliadas polo franquismo. A mostra, s...

O Museo do Pobo Galego acolle a exposición temporal das esculturas do Mestre Mateo —Abraham/Xeremías e Isaac/Ezequiel— recuperadas polo Concello de Santiago logo de seren espoliadas polo franquismo. A mostra, situada na Ala Sur do museo, inclúe unha liña do tempo e un audiovisual do proxecto KosmoTech_1200, centrado na reconstrución do coro do Mestre Mateo e do nártice do Pórtico da Gloria. Todo o contido é accesible grazas á colaboración coa Federación Autismo Galicia, que facilitou materiais de accesibilidade cognitiva mediante pictogramas e textos en linguaxe clara.
Haberá un programa de visitas guiadas destinado a centros educativos, grupos socioculturais e turísticos e público xeral, co obxectivo de achegar o valor artístico, histórico e simbólico destas pezas fundamentais do románico galego, así como divulgar o proceso de recuperación que permitiu o seu regreso ao patrimonio público.
As visitas para centros educativos desenvolveranse durante o mes de maio, os martes e xoves en dous pases ás 11.30 e ás 12.30 horas, e continuarán os xoves 4 e 11 de xuño nos mesmos horarios.
Pola súa banda, as visitas para público xeral, gratuítas e con inscrición previa, celebraranse entre maio e xullo cun máximo de 30 persoas por grupo. O calendario inclúe sesións especiais arredor do 25 de xullo.
Calendario de visitas para público xeral:
Maio

  • Xoves 7 e 21, ás 16.30 h
  • Xoves 14 (día da Ascensión), ás 12.30 h
  • Sábados 16, 23 e 30, ás 12.30 h

Xuño

  • Xoves 11, 18 e 25, ás 16.30 h
  • Sábados 20 e 27, ás 12.30 h

Xullo

  • Xoves 2, 9, 16 e 23, ás 16.30 h
  • Sábados 11 e 18, ás 12.30 h

Sesións especiais 25 de xullo

  • Venres 24, ás 12.30 e 16.30 h
  • Sábado 25, ás 11.30, 12.30 e 16.30 h

A inscrición para as visitas pode realizarse a través do correo electrónico deac@museodopobo.gal , onde tamén se pode solicitar máis información.
 
 

Máis eventos de tipo Exposición

Made in China
Made in China
15 de xullo a 30 de xuño
Museo Etnolóxico de Ribadavia
Tabulae intellecti et mysterii
12 de decembro a 31 de xullo
Rúa de Santo Agostiño
Siro
30 de xaneiro a 30 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés