Evento: Laboratorios creativos
Laboratorios creativos
Co fin de facilitar a conciliacion das familias coruñesas, a Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés acolle a actividade LABORATORIOS CREATIVOS.
Datas: do 3 de outubro ao 18 de novembro
Horario: de 16:00 a 19:00 horas
Idades: de 6 a 12 anos
Prazas: 12 participantes para cada día
Inscricións: de 9:30 a 14:30 horas, para apuntarse calquera día da semana en curso. Na sala infantil, presencialmente ou por teléfono.
De luns a venres, nos meses de outubro e novembro, cun horario de 16:00 a 19:00 horas pero coa previsión dun lapso de flexibilidade anterior e posterior de media hora para que as familias poidan deixar/recoller a nenas e nenos. O número de participantes é de 12 persoas.
Cada día realízanse actividades [Laboratorios Creativos] independentes dos outros días da semana polo que cada neno/a pode participar nos días que queira sen que sexa imprescindible a continuidade. En cada unha das actividades diarias mestúranse propostas creativas plásticas con lecturas e contacontos adaptados ás idades dos participantes.
- As cores das emocións: actividades baseadas na creatividade do artista Matisse, na que a cor, as emocións e a música farán acto de presencia.
- Universos en movemento: actividades baseadas na creatividade do artista Calder nas que tamén terán cabida outras coa temática do circo.
- Construcións infinitas: Actividades con LEGOs nas que poñeranse divertidos retos creativos.
- Creando Kamishibais: Lendas e historias de culturas diversas como punto de partida para a expresión persoal.
- Reciclar-Crear: actividades baseadas na creatividade do artista Joan Miró,realizando esculto-pinturas
Os 5 Laboratorios Creativos irán rotándose semanalmente
É imprescindible ter carné da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia cando comece a inscrición.
A actividade estará a cargo da empresa: CREARTE SERVIZOS CULTURAIS S.L.
"Laboratorios creativos" forma parte do Plan Corresponsables, financiado polo Ministerio de Iguadad (Gobierno de España) en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Secretaría Xeral de Igualdade, e está dirixida a familias monoparentais, vítimas de violencia de xénero ou outras formas de violencia contra a muller, mulleres en situación de desemprego de longa duración, mulleres maiores de 45 anos ou calquera outra unidade familiar con necesidades en materia de coidados de nenas e nenos