Evento: Mes dos libros prohibidos: que é a censura?
Mes dos libros prohibidos: que é a censura?
luns, 5 outubro, 2026 a sábado, 31 outubro, 2026
Biblioteca Pública de Ourense,
Ourense Mes dos libros prohibidos: que é a censura?
Actividade da Banned Books Week
Un ano máis, a biblioteca súmase á Banned Books Week, unha iniciativa anual que persegue poñer en valor a libertade de ler e de creación literaria. Comeza a organizarse en 1982, nos Estados Unidos, en resposta ó incremento de peticións de retirada de libros en escolas, librarías e bibliotecas.
A mostra que argallamos nesta ocasión centráse en que é a censura e cales foron as súas manifestacións ao longo da historia. Tamén incluimos unha selección de libros sobre o tema e outros tantos que levan anos sendo atacados.
Do 5 ó 31 de outubro.
Ligazóns



