Evento: Mayo, Mes de la Lengua 2022

Mayo, Mes de la Lengua 2022
sábado, 7 maio, 2022 a sábado, 28 maio, 2022
Mondariz,
Mondariz

Mayo, Mes de la Lengua 2022

O concello preparou unha extensa programación chea de actividades sociais e culturais.

A programación comezará o vindeiro sábado 7 de maio co Festival de Música Solidario. Este evento terá lugar a partir das 20:00 horas no Auditorio Municipal de Mondariz. A semana seguinte, concretamente o sábado 14 de maio, celebrarase unha xornada de Escape Room baixo o título de Noite Meiga. Será a partir das 22:00 horas na praza de España do municipio.

O luns 16 de maio ás 21.30 horas o Auditorio Municipal acollerá a representación teatral da obra A Parábola do Angazo. Esta produción trata de botar unha ollada ao noso pasado, para poder ter outra perspectiva do noso presente e mesmo mirar de esguello o que será no futuro. Así, entre risas, o público poderá sacar a lingua e demostrar que aínda ten moito que dicir.

O sábado 21 de maio o deporte ao aire libre será o total protagonista do día. Ás 8:00 horas sairá desde a praza de España o IV Trail Orixes Mondariz. Ademais, ás 19:30 horas os Xardíns do Concello acollerán unha sesión de contacontos para o goce dos máis pequenos. Na sesión homenaxearase a Florencio Delgado Gurriarán, protagonista das Letras Galegas 2022. O venres 27 de maio levará a cabo a proxección do filme Valentina no Auditorio Municipal a ás 10.00 horas. A programación concluirá o sábado 28 de Maio. Durante esta xornada celebrarase o Entroido de Verán, con saída do CPI de Mondariz ás 18.00 horas.

Máis eventos de tipo Obradoiro

MIES É +. Talleres experimentais de arquitectura contemporánea 2026
31 de xaneiro a 31 de maio
Centro Galego de Arte Contemporánea
Obradoiros creativos no Museo Etnolóxico de Ribadavia
Obradoiros Creativos
31 de xaneiro a 16 de maio
Museo Etnolóxico de Ribadavia
Booktrailer
17 de abril
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Obradoiros creativos no Museo Etnolóxico de Ribadavia. Perfumes
Perfumes da natureza
18 de abril
Museo Etnolóxico de Ribadavia