Evento: Máis aló dos lenzos

Máis aló dos lenzos
sábado, 23 maio, 2026 - 12:00
Museo de Belas Artes,
A Coruña

Máis aló dos lenzos

Celebración do Día Internacional dos Museos

O lema do ICOM para o día Internacional dos museos de 2026 é “Museos unindo un mundo dividido” Preténdese, con este lema, destacar o papel dos museos como pontes entre as divisións culturais, sociais e xeopolíticas que fomentan o diálogo, o entendemento, a inclusión e a paz dentro e entre as comunidades de todo o mundo. Como espazos públicos de confianza e lugares de aprendizaxe, os museos contribúen á coexistencia pacífica e ao respecto mutuo.

O Museo de Belas Artes da Coruña celebra o Día Internacional dos Museos 2026 cunha programación destacada o sábado 23 de maio. As actividades inclúen talleres infantís como "Máis aló dos lenzos", visitas guiadas "O museo a fondo", a actuación de Bigmike's Dixie Five e unha Noite dos museos con portas abertas ata as 23:30

"Máis aló dos lenzos"

Obradoiro en dúas quendas para nenos e nenas de 6 a 12 anos acompañados dun adulto, con inscrición previa. Horario: de 12:00h a 13:30h e de 17:30h a 19:00h

Os espazos inmersivos, espazos de desenvolvemento artístico, de co-creación e de xogo son propostas deseñadas a modo de escenografías que invitan a descubrir e explorar libremente. Están concibidas para ser habitadas, utilizadas e modificadas polas persoas que as transitan. En “Máis aló dos lenzos”, as propostas de luz, color e o uso das proxeccións achegan coherencia e globalidade, e inspirarán a nenos/as e adultos/as a crear e experimentar con materiais que pouco ou nada teñen que ver cun lenzo en branco.

Visitas guiadas “O museo a fondo”

12:00h, 18:30h e 20:30h, con inscrición previa.

Estas visitas didácticas convidan a deterse en obras procedentes dos fondos do museo para redescubrilas cunha mirada máis atenta.

En cada quenda horaria vanse facer dúas visitas: unha ao “Bodegón” do pintor Juan van der Hamen e outra ao cadro “A artista”, do pintor Serafín Martínez del Rincón y Trives.

Na visita ao bodegón vaise explicar o proceso de restauración e a importancia deste xénero pictórico no contexto da pintura barroca e na visita á “A artista” falarase do preciosismo na pintura do século XIX.

A Noite dos museos

Xornada de portas abertas ata as 23:30h, durante a que se poderá visitar tanto a exposición permanente como a exposición temporal “Habana Mater 2003-2023. Luis Gabú”.

Noite de concerto con “Bigmike’s Dixie Five”

21:30h

Actuación deste grupo, con entrada libre ata completar aforo.

 

Máis eventos de tipo Obradoiro

Minilibretas motivacionais
Libretas Motivacionais
18 de setembro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Minilibretas motivacionais
18 de setembro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Con outras palabras: achégate á tradución
29 de setembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Viaxando con lapis e papel
23 de outubro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés