Evento: Residencia Literaria da Cidade da Cultura | Programa REGA 2022

Residencia Literaria da Cidade da Cultura | Programa REGA 2022
luns, 4 xullo, 2022 a sábado, 16 xullo, 2022
Museo Centro Gaiás,
Santiago de Compostela

Residencia Literaria da Cidade da Cultura | Programa REGA 2022

Espazo que combate a soidade da creación literaria e a falta de guía e valoración externa que tantas veces enfrontan as autoras e autores noveis.

A Residencia Literaria da Cidade da Cultura volve en 2022 para continuar prestando apoio e acompañamento a escritoras e escritores emerxentes e inéditos. Fundamentada no intercambio de experiencias e coñecementos, a Residencia Literaria constrúe no Gaiás un espazo que combate a soidade da creación literaria e a falta de guía e valoración externa que tantas veces enfrontan as autoras e autores noveis. 

O diálogo, a escoita, a análise, a lectura e a posta en común son as bases dunha estadía que conxuga o traballo sobre o proxecto literario propio co estudo dos traballos das compañeiras e compañeiros. Serán 12 días compartindo inquedanzas e consellos, críticas e eloxios, para axudar ao crecemento literario e persoal das persoas participantes, nun ambiente distendido de confianza e respecto mutuo. E haberá tempo tamén para conversar con outras autoras e autores, para visitar institucións e participar eventos vencellados ao mundo do libro e da literatura, e para explorar as conexións das letras con outras disciplinas artísticas.

O escritor e profesor de escritura creativa Javier Peña dirixe esta segunda edición da Residencia Literaria da Cidade da Cultura, que contará ademais coa participación de dúas escritoras destacadas das letras galegas e españolas: Ledicia Costas e Marta Sanz. 

Proxectos de narrativa

A Residencia Literaria está concibida para o desenvolvemento e mellora de proxectos persoais de narrativa orixinais e inéditos, en galego ou castelán. No momento da súa inscrición, o estado de desenvolvemento dos proxectos pode ser completo, (obra rematada inédita), intermedio (obra iniciada mais non completada) ou inicial (desenvolveuse a sinopse e o traballo previo, mais non se comezou a escrita). Poderán presentarse tanto novelas de ficción, novelas de non ficción (autoficción) e coleccións de relatos.

Máis eventos de tipo Outras actividades

Palestina
22 de marzo a 31 de decembro
Biblioteca Pública de Ourense
Os bolechas no Museo Massó
14 de maio a 31 de agosto
Museo Massó
Campamento de verán: lectura, manualidades, creación
23 de xuño a 5 de setembro
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Orgullos@s!
23 de xuño a 7 de xullo
Biblioteca Pública de Ourense