Evento: Verán fantástico: retelling para ser feliz
Verán fantástico: retelling para ser feliz
luns, 29 xuño, 2026 a venres, 4 setembro, 2026
Biblioteca Pública de Ourense,
Ourense Verán fantástico: retelling para ser feliz
Mostra bibliográfica no Espazo Xove
Un ano máis, dende o Espazo Xove imos explorar o xénero fantástico. Nesta ocasión centrarémonos nun dos subxéneros máis populares e, ás veces, máis encuberto: o retelling.
Que é un retelling? Que características ten? Por que nos gusta? Esta e outros temas, acompañados dunha selección de retellings presentes na nosa biblioteca, protagonizarán a mostra deste verán da serie Verán fantástico no Espazo Xove.



