Evento: Clubs de lectura 2026-2027

Clubs de lectura 2026-2027
martes, 1 setembro, 2026 a luns, 14 setembro, 2026
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola,
Pontevedra

Clubs de lectura 2026-2027

O día 7 de setembro ás 9.00 h comeza o prazo de inscrición nos clubs de lectura da Biblioteca Pública de Pontevedra e manterase aberto ata o 14 de setembro ás 21.00 h.

Durante este primeiro prazo cada persoa poderá anotarse únicamente nun club.Aquelas persoas que se inscriban en máis dun club soamentente teráselles en conta a inscrición feita en primeiro lugar.A partir do día 21 de setembro, se quedasen prazas vacantes, abrirase un novo período de inscrición no que calquera persoa interesada poderá anotarse, mesmo aínda que forme parte doutro club. As persoas que non acaden praza en ningún club pasarán a formar parte da lista de agarda.

Este ano teremos os seguintes clubs:

  • Club “Voz de muller,” luns de 19.30 a 20.30 h (quincenal)
  • Club de francés, martes de 19.00 a 20.00 h (quincenal)
  • Club de castelán (tardes), mércores de 17.00 a 18.00 h (semanal)
  • Club de galego, xoves de 19.00 a 20.00 h (quincenal)
  • Club de cómic, xoves de 19.30 a 20.30 h (mensual)
  • Club de castelán (mañás), xoves de 11.00 a 12.00 h (semanal)
  • Club de italiano, luns de 19.30 a 20-30 h. (quincenal)
  • Club de inglés, martes de 19.00 a 20.00 h. (quincenal). O nivel mínimo para anotarse a este club é o B1
  • Club de lecturas dramatizadas, lunes de 17.30 a 19.30 h. (quincenal)

A participación nos clubs de lectura da Biblioteca Pública de Pontevedra conleva a aceptación dunhas normas básicas.

Máis eventos de tipo Outras actividades

Palestina
22 de marzo a 31 de decembro
Biblioteca Pública de Ourense
RESPIRAR A ARTE. Sesións de ioga e arte no CGAC
5 de febreiro a 11 de novembro
Centro Galego de Arte Contemporánea
Premio Nacional do Cómic 2026
1 de setembro a 3 de outubro
Biblioteca Pública de Ourense
Fíos da vida - Mostra bibliográfica
7 de setembro a 30 de setembro
Biblioteca Pública de Ourense