Evento: Do pracer e da morte

Do pracer e da morte
venres, 10 xuño, 2022 - 20:30
Fórum Metropolitano,
A Coruña
Espectáculo teatral o a cargo de A Feroz

Nesta peza con tinturas oníricas e mesmo surrealistas por momentos entretécense as actrices e actores coas súas circunstancias, Boccaccio e a súa crónica da Peste Negra no Decamerón ou El Bosco e as súas delicias inclasificables.

Tres planos que se superpoñen por momentos e noutros se afastan para proxectar as súas propias luces sobre a necesidade de saciar as angueiras, os límites do que nos define como criaturas humanas e o temor á propia caducidade. Todo isto sen renunciar á música, á poesía e ao humor retranqueiro que define o ton do traballo d’A Feroz.

A obediencia, a autoridade, a curiosidade, a subalternidade, o medo á extinción, a urxencia do desexo, a incerteza e a praga... todos estes elementos compoñen un fresco dunha humanidade que quizais non mudou moito nos derradeiros sete séculos.

En definitiva: Do pracer e da morte é unha danza da morte medieval no aparcadoiro do Carrefour un sábado pola tarde.

Elenco:Gustavo Freire, Beatriz Romero, Inés Salvado Gontad e Diego Salgado.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Os Carunchos - Unha gorxa chea de paxaros
10 de maio, 19:00
Auditorio Lois Tobío - Gondomar - Pontevedra
sobria_e_serena
Sobria e Serena: o chou
10 de maio, 19:00
Auditorio Reveriano Soutullo - Ponteareas - Pontevedra
a_metamorfose
A metamorfose
12 de maio, 12:00
Centro Cultural Avenida - A Rúa - Ourense
Do reino (e) dos amores proscritos
14 de maio, 20:30
Auditorio Municipal Gustavo Freire - Lugo - Lugo