Evento: Encontro con Antón Riveiro Coello

Encontro con Antón Riveiro Coello
venres, 23 abril, 2021 - 19:00
Biblioteca Pública de Ourense,
Ourense

Encontro con Antón Riveiro Coello

Celebrando o Día Do Libro

 Que mellor maneira de celebrar o Día do Libro que cun encontro co escritor ourensán Antón Riveiro Coello que nos vai a falar da súa última novela "O paríso dos inocentes".

 Antón Riveiro Coello naceu en Xinzo de Limia, no ano 1964. Cursou estudios de Dereito na Universidade de Santiago e actualmente traballa na administración autonómica. Riveiro Coello é un dos narradores máis premiados dos xurdidos na literatura galega durante a pasada década. Ademais dun gran número de relatos en libros colectivos e revistas literarias ten publicadas as novelas Valquiria (1993, premio Camilo José Cela), A historia de Chicho Antela (1997), A quinta de Saler (1999), coa que foi finalista do premio Torrente Ballester, así como as recompilacións de relatos Parque Central(1996) e Airadas de palabras (1998), onde se recollen os contos que lle foron premiados nos certames Manuel Murguía e Modesto R. Figueiredo entre os anos 1991 e 1997. Con Animalia (2000) obtivo o premio Café Dublín correspondente a 1999. As rulas de Bakunin recibiu o premio García Barros en 2000, ano no que tamén logrou o Álvaro Cunqueiro de Narrativa con Homónima. En 2007 publica en Galaxia A voz do lago, novela coa que se adentra na creación literaria para os lectores máis novos, e na colección Literaria Os ollos de K.

É necesario facer inscrición previa para asistir chamando aos teléfonos 988 788385/386.

Debido ás condicións especiais xeradas polo COVID 19, esta actividade cumplirá coa normativa vixente no momento da súa realización. Tomaranse as medidas necesarias para el desenvolvemento dunha actividade segura e sin riscos, no marco da biblioteca.

Protocolo COVID-19:

Uso obrigatorio da máscara

Aplicación de xel hidroalcohólico ao entrar

Respetar a colocación dos postos

Atender en todo momento as indicacións do persoa

Máis eventos de tipo Outras actividades

Palestina
22 de marzo a 31 de decembro
Biblioteca Pública de Ourense
Os bolechas no Museo Massó
14 de maio a 31 de agosto
Museo Massó
Campamento de verán: lectura, manualidades, creación
23 de xuño a 5 de setembro
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Orgullos@s!
23 de xuño a 7 de xullo
Biblioteca Pública de Ourense