Evento: Cal é a túa BD favorita?

  • Imaxe
Cal é a túa BD favorita?
martes, 10 marzo, 2026 a martes, 30 xuño, 2026
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Cal é a túa BD favorita?

Padlet colaborativo A miña BD favorita

Queremos facer unha selección colectiva dos cómics favoritos das lectoras e lectores da biblioteca. Para iso empregaremos a ferramenta Padlet para que poidas subir a BD da túa elección cunha imaxe e un texto.

Tes que escanear o Código QR ou entrar na seguinte ligazón:

https://padlet.com/pablogomezrey/a-mi-a-bd-favorita-6d7c88cof0ucm7ul

Elixe a túa BD favorita, dálle ao + e sube a imaxe da portada, preséntate e cóntanos por que gustas desa BD nun máximo de 120 palabras. Non é preciso rexistrarse para participar. Podes facer a túa reseña ata o 30 de xuño.

Despois faremos unha mostra bibliográfica coas vosas escollas e os vosos textos. En caso de que seleccionedes un cómic que non estea na nosa colección e estea dispoñible en librerías, trataremos de mercalo. 

Participa e comparte a túa afición pola banda deseñada. Agardamos a túa aportación.

 

Máis eventos de tipo Outras actividades

Palestina
22 de marzo a 31 de decembro
Biblioteca Pública de Ourense
RESPIRAR A ARTE. Sesións de ioga e arte no CGAC
5 de febreiro a 11 de novembro
Centro Galego de Arte Contemporánea
LecturArte
10 de marzo a 17 de xuño
Museo de Belas Artes
Non hai verán sen aldea
9 de xuño a 22 de agosto
Biblioteca Pública de Ourense