Evento: Roi Casal

Roi Casal
domingo, 8 marzo, 2015 - 20:00
Auditorio da Xuventude,
Cambados
Concerto presentación de Donos do noso destino

Roi Casal ofrece un concerto con toda a súa banda na que interpreta temas do seu último traballo discográfico Donos do noso destino nun concerto familiar e para todos os públicos.

Estes concertos inclúen outros de carácter didácticos nos centros escolares da zona xunto coa cantante Silvia Ferre, neles fan un percorrido musicado pola historia dos instrumentos como a arpa, o bouzuki e a zanfona. Estas actuacións son de balde.

Roi Casal está considerado unha das principais referencias da música galega. O seu estilo moderno e contemporáneo, combinado cos aportes da terra da que é orixinario, téñeno situado como un dos grandes expoñentes actuais deste xénero de música.

Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nos espazos dos concertos: Auditorio A Xuventude de Cambados.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Coralinda
11 de xullo, 20:30
Sala Bahía - Foz - Lugo
Royal
21 de xullo, 20:30
Sala Bahía - Foz - Lugo
Os senteito
28 de xullo, 20:30
Sala Bahía - Foz - Lugo
Natureza e Cultura
31 de xullo, 22:30
Auditorio Lois Tobío - Gondomar - Pontevedra