Evento: Grumetes polo futuro do mar

Grumetes polo futuro do mar
luns, 15 marzo, 2021 a domingo, 25 abril, 2021
Evento online,
Santiago de Compostela

Grumetes polo futuro do mar

I Concurso organizado por Pescanova e a Secretaría Xeral de Política Lingüística.

O Grupo Nueva Pescanova, a Secretaría Xeral de Política Lingüística e o Foro Enrique Peinador convocan este certame infantil de relatos en galego co obxectivo de promover o uso da lingua propia de Galicia entre as novas xeracións e a concienciación sobre a importancia de protexer os nosos océanos, mares e recursos mariños desde as idades máis temperás.

Con esta convocatoria, convídase os escolares con idades comprendidas entre os 8 e os 12 anos residentes en Galicia a compartiren as súas reflexións a través dun relato dunha páxina de extensión, aproximadamente.

Os participantes poderán enviar as súas creacións ao correo electrónico comunicacion@nuevapescanova.com ata o 25 de abril de 2021.

Máis eventos de tipo Outras actividades

Palestina
22 de marzo a 31 de decembro
Biblioteca Pública de Ourense
Real Filharmonía de Galicia. Temporada 2025-26
18 de setembro a 4 de xuño
Avenida do Burgo das Nacións
Club de lectura infantil (3º a 6º de primaria)
7 de novembro a 22 de maio
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Maruja Mallo e a alfombra voadora
Maruja Mallo e a alfombra voadora
8 de novembro a 31 de decembro
Museo Massó