Evento: SEMENTE. O home que plantaba árbores

SEMENTE. O home que plantaba árbores
domingo, 18 abril, 2021 - 12:00
Sala Principal - Auditorio municipal,
Ourense

SEMENTE. O home que plantaba árbores

Espectáculo producido por Eme2

Elenco: Mercedes Castro

"A terra non é miña, eu son da terra"

A partir do libro O home que plantaba árbores de Jean Giono.

Inspirado en acontecementos reais, Semente. O home que plantaba árbores é unha historia inesquecible sobre o poder que o ser humano ten de influenciar o mundo ao seu redor.

Narra a vida dun home e o seu esforzo solitario, constante e paciente, para facer do lugar onde vive un lugar especial.

É unha historia admirable que nos mostra como un home humilde e insignificante aos ollos da sociedade, vivindo lonxe do mundo e usando únicamente os seus propios medios, consegue reforestar el só unha das rexións máis inhóspitas e áridas de Francia.

 

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Made in Galiza
22 de maio, 20:30
Fórum Metropolitano - A Coruña - A Coruña
Sabes que las flores de plástico nunca han vivido, ¿verdad?
22 de maio, 20:30
Teatro Rosalía Castro - A Coruña - A Coruña
Territorio Regueifa
Territorio Regueifa
23 de maio, 20:30
Casa da Cultura - Burela - Lugo
MR.BO El niño que nunca escuchó un ¡NO!
30 de maio, 18:00
Fórum Metropolitano - A Coruña - A Coruña