Evento: Don Gaiferos

Don Gaiferos
venres, 5 marzo, 2021 - 18:30
Teatro Principal,
Santiago de Compostela
Espectáculo musical a cargo da compañía Os Monicreques de Kukas

Obra teatral con actores, monicreques e músicos que a modo de opereta e partindo do romance popularizado por Don Faustino Santalicese incorporando cancións e músicas do folclore galego conta un dos milagres atribuídos ao Apóstolo Santiago que narra a viaxe do peregrino francés Gaiferos de Monmarltan ata a súa morte aos pes do santo na Catedral compostelá.

Nesa viaxe atemporal atoparase con diferentes personaxes como Exeria a dama peregrina á Xerusalén, un arrieiro maragato, uns cómicos italianos, un demo que unha e outra vez quere desvialo do seu camiño ofrecéndolle todo tipo de praceres mundanos e ata unha reporteira da televisión galega aos que se incorporan diferentes personaxes arquetipos dos diversos peregrinos que viaxan á Compostela coma un faquir hindú co seu elefante, un escocés, un portugués, unha andaluza flamenca así como lendas, costumes, lugares e monumentos representativos do  feito xacobeo ata rematar aos pes do Apóstolo Santiago no Pórtico da Gloria.

Elenco: Marian Gonzalez, Isabel G. Coldeira, Borxa Insua, Ero Vázquez, Marcelino de Santiago, Antía Ameixeiras e Sabela Caamaño

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Castelao
11 de maio, 12:30
Teatro Jofre - Ferrol - A Coruña
OhOlimpiadas!
11 de maio, 12:30
Teatro Jofre - Ferrol - A Coruña
Os contos do Lobicán
11 de maio, 18:00
Edificio Multiusos - Monforte de Lemos - Lugo
Apaga o candil
11 de maio, 19:00
Auditorio da Xuventude - Cambados - Pontevedra