Evento: Exposición 'Pobre Asunción!: a violencia de xénero na prensa'
Exposición 'Pobre Asunción!: a violencia de xénero na prensa'
'Pobre Asunción!: a violencia de xénero na prensa' é o título da exposición coa que a Biblioteca de Galicia repasa a evolución do tratamento destes sucesos ao longo da historia.
A base documental é o gran patrimonio que atesoura a Biblioteca de Galicia como materiais xornalísticos, literarios e arquivísticos. Destacan noticias de históricas cabeceiras como ‘El Compostelano’, ‘Vida Gallega’ ou 'El Pueblo Gallego' ou as primeiras series de fotogravado que documentaron a violencia de xénero nos xornais a finais do século XIX.
'Pobre Asunción!' é o epitafio na tumba de Asunción González, unha moza ourensá de 16 anos primeira vítima documentada de violencia de xénero en Galicia en 1891, que dá nome, e inspira, á esta exposición coa que a Xunta de Galicia reforza o seu compromiso para visibilización da violencia machista.
Visítaa ata maio de 2021 na Cidade da Cultura de Galicia.