Evento: Oficios en extinción

  • Oficios en extinción. Exposición no Museo Etnolóxico de Ribadavia
Oficios en extinción
mércores, 20 maio, 2026 a xoves, 31 decembro, 2026
Museo Etnolóxico de Ribadavia,
Ribadavia

Oficios en extinción

Imaxes que contan, persoas con historias

OFICIOS EN EXTINCIÓN: Imaxes que contan, persoas con historias é unha exposición híbrida, formada por fotografías, litofanías e un vídeo (40 min).

Trátase dun proxecto elaborado polo alumnado de 3º e 4º da ESO do IES Manuel Chamoso Lamas (O Carballiño), dentro do programa Proxecta Foto - Fotografía en Curso.

O esquema a seguir para o desenvolvemento do traballo foi o seguinte: tras unha etapa de formación e estruturación dos grupos de traballo, pasouse á localización persoas e documentación, recollida de material e concreción do espazo a fotografar. Tras elaborar un guión, fixéronse as saídas fotográficas. Coa edición das fotos, elaborouse a exposición final. Neste caso nun formato multimedia, onde as fotografías interactúan nunha instalación coa linguaxe audiovisual e as novas tecnoloxías.

Os protagonistas que contan as súas historias son: Mari Carmen que elaboraba "molidos" ou mulidos, para carrear cestos; Antonio, campaneiro; Marina, muiñeira; Higinio, que se dedicou a facer corozas, cestos e bozos; Adolfo, coñecido como "o home da luz", que lía contadores polas aldeas e subía aos postes; Lito, ferreiro; e Ernesto, operador de cabina de cine en Leiro. De todos eles, como o nome da exposición indica, recupérase a memoria dos seus oficios, unindo memorias a partir de bens mobles e documentais, coa implicación da xente máis nova.

Máis eventos de tipo Exposición

Made in China
Made in China
15 de xullo a 30 de xuño
Museo Etnolóxico de Ribadavia
Tabulae intellecti et mysterii
12 de decembro a 31 de xullo
Rúa de Santo Agostiño
Restitución das estatuas do Mestre Mateo
28 de decembro a 25 de xullo
San Domingos de Bonaval s/n
Siro
30 de xaneiro a 30 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés