Evento: Feminino doméstico

Feminino doméstico
xoves, 28 maio, 2026 a xoves, 31 decembro, 2026
Praza do Toural 8,
Santiago de Compostela

Feminino doméstico

A Fundación Eugenio Granell acolle a exposición /Feminino doméstico/ da artista Amparo Segarra, un proxecto comisariado por Eduardo Valiña que revisa a súa produción artística a través da colaxe e dunha mirada ...

A Fundación Eugenio Granell acolle a exposición Feminino doméstico da artista Amparo Segarra, un proxecto comisariado por Eduardo Valiña que revisa a súa produción artística a través da colaxe e dunha mirada crítica sobre o xénero, o exilio e o espazo doméstico.
A mostra explora cuestións como o desequilibrio de xénero, as imposicións do patriarcado ou a relación entre identidade e territorio mediante composicións cargadas de ironía, humor e reflexión social. A través dunha linguaxe visual construída desde a experiencia itinerante e o ámbito íntimo, Amparo Segarra converte a colaxe nunha ferramenta de denuncia e análise feminista.
 
 

Máis eventos de tipo Exposición