Evento: As lecturas de Granell

As lecturas de Granell
xoves, 28 maio, 2026 a xoves, 31 decembro, 2026
Praza do Toural 8,
Santiago de Compostela

As lecturas de Granell

A Fundación Eugenio Granell presenta a exposición /As lecturas de Granell/, un proxecto comisariado por María Pita e Dolores Villaverde que propón un percorrido pola biblioteca persoal de Eugenio Granell e Ampa...

A Fundación Eugenio Granell presenta a exposición As lecturas de Granell, un proxecto comisariado por María Pita e Dolores Villaverde que propón un percorrido pola biblioteca persoal de Eugenio Granell e Amparo Segarra para afondar na relación entre literatura, pensamento e creación artística.
A mostra reúne unha selección de pezas orixinais, moitas delas únicas ou nunca antes expostas, que permiten achegarse á personalidade poliédrica de Granell como artista plástico, escritor, músico, activista político e exiliado. A exposición establece un diálogo entre os libros e a obra plástica do autor, explorando conceptos como surrealismo, arte, política, historia ou literatura.
 

Máis eventos de tipo Exposición

Oficios en extinción. Exposición no Museo Etnolóxico de Ribadavia
Oficios en extinción
20 de maio a 31 de decembro
Museo Etnolóxico de Ribadavia
Feminino doméstico
28 de maio a 31 de decembro
Praza do Toural 8