Evento: Exposición 'O viño e os Camiños de Santiago'

  • Museo do Viño de Galicia. Reitoral da parroquia de Santo André de Camporredondo, Ribadavia - Ourense
Exposición 'O viño e os Camiños de Santiago'
venres, 25 setembro, 2020 a venres, 30 abril, 2021
Museo do Viño de Galicia,
Ribadavia

Exposición 'O viño e os Camiños de Santiago'

Primeira mostra temporal deste espazo, que afonda na relación do viño e a Ruta Xacobea

O Museo do Viño de Galicia, en Ribadavia, acolle ata o vindeiro mes de abril 'O viño e os Camiños de Santiago', a primeira exposición temporal do museo que se centra na relación do viño e a Ruta Xacobea. A mostra, comisariada por Francisco Singul, está composta por oito paneis de texto e ilustracións que teñen o viño como fío condutor.

Este proxecto foi concibido como un proxecto itinerante que, tras o seu paso por Ribadavia, viaxará polo territorio galego promocionando o Museo do Viño de Galicia e difundindo a relación entre o viño e a Ruta Xacobea. O obxectivo é, segundo salientaron, difundir a presenza do viño no Camiño de Santiago ao longo do tempo, a través de referencias mobles, literarias e gastronómicas do ámbito doméstico, monacal ou social.

Poderase visitar ata o 30 de abril de 2021 xunto co proxecto expositivo habitual do museo, un percorrido que se inicia explicando como o viñedo crea e modifica a paisaxe que o circunda, xerando urbanismo, vertebrando o territorio agrícola e provocando un desenvolvemento e organización social determinado. A continuación, abórdanse os tipos de chan e os traballos na viña nas catro estacións do ano.

Máis eventos de tipo Exposición

Mandala (Arc en ciel)
18 de outubro a 7 de setembro
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5
Mulleres artistas: aprendendo o oficio
11 de marzo a 31 de decembro
Lugar de la Ciudad de la Cultura
Somos un Ribeiro diverso
1 de abril a 31 de decembro
Museo Etnolóxico de Ribadavia