Evento: Exposición 'Camiños (IN)certos. Paisaxe(s) e territorio(s) dun camiño emocional'

  • A Fundación Camilo José Cela retoma a súa actividade expositiva coa mostra ‘Camiños (IN)certos’ como antesala do Xacobeo 2021
Exposición 'Camiños (IN)certos. Paisaxe(s) e territorio(s) dun camiño emocional'
venres, 25 setembro, 2020 a venres, 22 xaneiro, 2021
Casa Museo da Fundación Camilo José Cela,
Padrón

Exposición 'Camiños (IN)certos. Paisaxe(s) e territorio(s) dun camiño emocional'

Participan 12 artistas que a través das súas obras fan unha referencia simbólica á novela 'La colmena'

A exposición 'Camiños (IN)certos. Paisaxe(s) e territorio(s) dun camiño emocional' na Fundación Camilo José Cela é a nova proposta coa que a Fundación retoma a actividade expositiva que tivo que ser paralizada pola situación sanitaria.

A exposición concíbese na antesala do Xacobeo 2021 e nela participan 12 artistas que a través das súas obras fan unha referencia simbólica á novela 'La colmena' -que en primeira instancia concibiuse como a primeira parte dunha triloxía baixo o título 'Caminos inciertos'- e interactúan cos espazos expositivos en alegoría á actual situación.

'Camiños (IN)certos. Paisaxe(s) e territorio(s) dun camiño emocional' conta coa participación de artistas galegas ou vinculadas con Galicia como Pilar Boullosa, Sara Coleman, Iria do Castelo, Iria Fafián, Carla Souto, Paula Noya, Sesé Santiso, Marta Bran, Isabel Seidel, Basilisa Fiestras, Ana Gesto e Carla Andrade. Poderá visitarse entre o 25 de setembro e o 22 de xaneiro.

A través das pezas da exposición, concibida como unha alegoría da situación actual e antesala do Xacobeo 2021, e na que se inclúen desde performance, grafitis ou videocreación, entre outras, as artistas afondan en temas como diversas problemáticas sociais, teimas relacionadas coa precariedade laboral, coa maternidade ou coa inseguridade na vida creativa, cuestións vencelladas ao territorio, entre outras.

 

Máis eventos de tipo Exposición

O Vello Cárcere da Guerra á Posguerra
1 de xaneiro
O Vello Cárcere
Porta Miña
1 de xaneiro
Porta Miña
Botamos un baile? Un século de orquestras de verbena en Galicia
8 de novembro a 31 de maio
Lugar de la Ciudad de la Cultura