Evento: Begoña Caamaño. Tecendo palabras para cambiar o mundo

Begoña Caamaño. Tecendo palabras para cambiar o mundo
domingo, 17 maio, 2026 a xoves, 1 outubro, 2026
Monte Gaiás, s/n,
Santiago de Compostela

Begoña Caamaño. Tecendo palabras para cambiar o mundo

A Biblioteca de Galicia súmase, un ano máis, á celebración do Día das Letras Galegas cunha nova mostra bibliográfica dedicada á figura homenaxeada en 2026. A exposición reivindica as dúas grandes facetas de Be...

A Biblioteca de Galicia súmase, un ano máis, á celebración do Día das Letras Galegas cunha nova mostra bibliográfica dedicada á figura homenaxeada en 2026.
A exposición reivindica as dúas grandes facetas de Begoña Caamaño: a xornalista e a narradora, entendidas como parte dunha mesma forma de observar e interpretar o mundo. No ámbito do xornalismo, tanto na prensa escrita como na radio, empregou a palabra para denunciar desigualdades, discriminacións e inxustizas. Na ficción, reinterpretou mitos e relatos tradicionais para construír novos referentes femininos e cuestionar os estereotipos transmitidos ao longo do tempo.
A mostra reúne arredor de 50 pezas, na súa maioría procedentes dos fondos da propia Biblioteca de Galicia, ás que se suman tres documentos cedidos temporalmente pola Biblioteca do Consello da Cultura Galega. Entre os materiais expostos inclúense publicacións sobre a súa vida e traxectoria, colaboracións no ámbito musical, unha ampla selección de prensa na que participou, así como as súas novelas e outros textos literarios. Tamén se recollen diferentes homenaxes realizadas desde o seu falecemento ata a actualidade.
As ilustracións da exposición son obra de Ana Santiso, que acompaña con debuxos os materiais bibliográficos da mostra.
Con esta iniciativa, a Biblioteca de Galicia pon en valor o legado das voces fundamentais da literatura galega e invita o público a achegarse á obra e ao pensamento dunha autora imprescindible das nosas letras.
 

Máis eventos de tipo Exposición

Made in China
Made in China
15 de xullo a 30 de xuño
Museo Etnolóxico de Ribadavia
Tabulae intellecti et mysterii
12 de decembro a 31 de xullo
Rúa de Santo Agostiño
Restitución das estatuas do Mestre Mateo
28 de decembro a 25 de xullo
San Domingos de Bonaval s/n
Siro
30 de xaneiro a 30 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés