Evento: Ciclo 'Edición limitada. Pazo do Faramello'

  • Ciclo 'Edición Limitada. Pazo do Faramello'
Ciclo 'Edición limitada. Pazo do Faramello'
domingo, 27 setembro, 2020 - 12:00
Pazo de Faramello
, Rois

Ciclo 'Edición limitada. Pazo do Faramello'

Fusión de música con obradoiros de cociña ao longo do mes de setembro

'Edición Limitada. Pazo do Faramello' é un ciclo de cociña acompañado de concertos organizado por Inés Portela de Piombino State integrado no Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021.

As sesións comezarán o venres 4 de setembro cun concerto de piano de Manuel Gutiérrez ás 19,00 h. A seguinte será o domingo 20 e neste caso contará cun obradoiro de cociña ás 12,00 h. a cargo de Kike e Eloy da Horta do Obradoiro. Posteriormente, ás 19,00 h. terá lugar o concerto de Germán Díaz & Benxamín Otero. O ciclo pecharase o domingo 27, cando ás 12,00 os cociñeiros da Horta do Obradoiro compartirán o seu saber na materia, e ás 19,00 h. terá lugar a actuación de Faia.

Todas estas citas contarán con visitas guiadas ao pazo antes de cada sesión.

'Edición Limitada' enmárcase no Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021, unha das principais medidas do Plan de Reactivación dos sectores cultural e turístico da Xunta. A través desta medida, o Goberno galego busca preservar a actividade e o emprego no sector cultural, especialmente castigado pola crise sanitaria, así como xerar contidos de calidade a disposición dos galegos, tanto de xeito virtual como presencialmente.

Máis eventos de tipo Outras actividades

PONTELOVERS
1 de abril a 31 de decembro
A nova colección Colmeiro
15 de abril a 31 de decembro
Pinacoteca Municipal Francisco Fernández del Riego
Centenario Benedetti
14 de setembro a 30 de outubro
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
XV Premio Novela Europea Casino de Santiago - Camiño de Santiago
1 de outubro a 12 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal