Evento: 'Maruxa Seoane: achegamento a María Elvira Fernández López'

  • Anxo M. Lorenzo destaca a Maruxa Seoane como figura clave na recuperación de parte do legado cultural de Galicia
'Maruxa Seoane: achegamento a María Elvira Fernández López'
xoves, 9 xullo, 2020 a domingo, 20 setembro, 2020
Museo da Fundación Eugenio Granell,
Santiago de Compostela

'Maruxa Seoane: achegamento a María Elvira Fernández López'

Unha exposición para coñecer unha figura clave na traxectoria de Luís Seoane

A 'Exposición Maruxa Seoane: achegamento a María Elvira Fernández López', producida pola Fundación Luís Seoane, permanecerá na planta baixa do Museo da Fundación Eugenio Granell ata o 20 de setembro.

A mostra, comisariada polo artista e profesor de arte Juan de la Colina, recolle un proxecto expositivo que profundiza na figura de María Elvira Fernández López, Maruxa, compañeira de Luís Seoane e á vez unha figura clave na súa traxectoria que, tras o falecemento do artista en 1979, dedicou a súa vida á recuperación do legado do artista, un proceso que culminou en 1996 coa creación da Fundación Luís Seoane na Coruña.

 

Óleos, debuxos e máis de 200 fotografías
Deste xeito, a exposición recolle, entre outros fondos, óleos e debuxos orixinais de Luis Seoane dedicados a ela ou inspirados nela, óleos e gravados representativos e emblemáticos da Fundación destinada ao artista ou máis de 200 fotografías de Maruxa Seoane e persoas da súa contorna recollidos nun libro creado para a ocasión e a disposición da consulta por parte do público.

Tamén se inclúe unha recreación da súa vivenda, con exposición das pinturas, gravados, debuxos e fotografías dos que se rodeou, moitos deles do propio Luis Seoane pero tamén doutros artistas como Laxeiro, Díaz Pardo, ou Jef Diederen. Do mesmo xeito, recóllese cartografía e contextualización histórica de mulleres destacadas no círculo de amizades da parella, así como fotografías que recoñecidos fotógrafos galegos realizaron de Maruxa Seoane nos últimos anos da súa vida. A mostra conta ademais cun espazo creado para a ocasión no que se proxectará un documental dirixido por Juan de la Colina que ilustra e reflexiona acerca da súa figura.

Máis eventos de tipo Exposición

Mandala (Arc en ciel)
18 de outubro a 7 de setembro
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5
Do soño á apocalipse. Os vieiros da literatura fantástica en galego
31 de outubro a 18 de maio
Lugar de la Ciudad de la Cultura
Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo
27 de xaneiro a 31 de maio
Monte Gaiás, s/n