Evento: ClasClas Sports

ClasClas Sports
martes, 7 xullo, 2020 - 10:30
Praza de Galicia,
Vilagarcía de Arousa

ClasClas Sports

Festival Internacional de música e moito máis.

Os días 7 e 8 de xullo toca moverse, é o turno de CLASCLAS SPORTS. En colaboración coa Fundación de Servizos Deportivos Municipais,  e baixo a dirección dos seus monitores, o Festival desenvolverá diversas sesións deportivas na Praza de Galicia e na Praia da Concha nas que realizaremos exercicio con música clásica, poderosa onde as haia.

As dúas primeiras sesións de Bike, coas bicicletas estáticas cedidas por SERVIOCIO,  serán o martes 7 de xullo na Praza de Galicia as 10:30 e as 11:45 horas, cun máximo de 20 persoas en cada turno.

Os interesados – maiores de 16 anos- deberán cumprimentar un boletín de inscripción no enlace. Recibirán confimación da súa participación, cuberta por un seguro de accidentes contratado a tal fin,  así coma información da hora e lugar no que se deberán presentar e as medidas de seguridade e hixiene a respectar. Todos os participantes recibirán un botellín de auga e unha camiseta do festival.

Máis eventos de tipo Outras actividades

Palestina
22 de marzo a 31 de decembro
Biblioteca Pública de Ourense
Os bolechas no Museo Massó
14 de maio a 31 de agosto
Museo Massó
Campamento de verán: lectura, manualidades, creación
23 de xuño a 5 de setembro
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Orgullos@s!
23 de xuño a 7 de xullo
Biblioteca Pública de Ourense