Evento: I Premio de oratoria "Filomena Dato"

I Premio de oratoria "Filomena Dato"
xoves, 30 abril, 2020 - 14:00
Varios espazos,
Arteixo

I Premio de oratoria "Filomena Dato"

Mantense aberto o prazo de presentación e pídese ás familias a súa implicación

Convócase o I Premio de oratoria "Filomena Dato" para alumnado dos diferentes ciclos do ensino obrigatorio e para centros públicos ou privados de Galicia e do exterior, coa intención de promover a expresividade e a expresión –poética, narrativa e discurso– do idioma galego e o feminismo. Este galardón quere, así mesmo, render homenaxe á “poeta das Mariñas”, un dos escasos referentes da literatura feminina e feminista do s. XIX e a segunda escritora, despois de Rosalía, que publicaría un libro en galego nese século. O tema deste ano é a "sororidade".

A inscrición farase no correo electrónico filomena.dato.muruais@gmail.com e deberá estar entregada a gravación, sempre mellor -de planos- en corpo enteiro, correspondente ao tema indicado, cunha duración máxima de 5 minutos, así como o traballo por escrito e a ficha do anexo, debidamente cuberta, que se pode descargar na páxina da organización convocante http://lisistrata-asociacion.blogspot.com/p/premio-filomena-dato.html. As bases poden descargarse na seguinte ligazón.

Os promotores animan á participación e á implicación das familias nesta convocatoria.

 

O deseño e ilustración é obra do artista gráfico: Iván del Río.

 

 

 

Máis eventos de tipo Outras actividades

Real Filharmonía de Galicia. Temporada 2023-24
23 de xuño a 31 de maio
Avenida do Burgo das Nacións
XV Premio Atlante de Gravado
9 de setembro a 31 de maio
Colección Visitable Fundación Museo de Artes
Club de lectura infantil
14 de outubro a 24 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
XVI Premio Novela Europea "Casino de Santiago"
22 de decembro a 31 de decembro
Biblioteca Pública de Ourense